Stralsund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stralsund
Stralsund
Wappen Stralsund.svg
Stralsund, Altstadt (2011-05-21) 4.JPG
Vista aérea de Stralsund
Localización
Stralsund en Alemaña
Stralsund
Stralsund
País Alemaña Alemaña
Estado Mecklemburgo-Antepomerania
Xeografía
Altitude 9 msnm
Superficie 38,97 km²
Demografía
Poboación 57.357 hab. (2012)
Densidade 1.472
Outros datos
Código postal 03831
Alcalde Alexander Badrow (UDC)
Sito web oficial

Stralsund é unha cidade hanseática pertencente o Estado federado de Mecklemburgo-Antepomerania, situada na costa norte de Alemaña.

Situada á beira do mar Báltico, está separada pola illa de Rügen do continente. Dúas pontes e varios ferrys conectan Stralsund cos portos de Rügen.

Tiña ao redor de 57 357 habitantes en 2012.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada no século XIII por colonos eslavos procedentes de Rügen.

Durante os anos seguintes chegaron comerciantes alemáns e a cidade comezou a prosperar. Isto molestou á poderosa cidade de Lübeck, a cal incendiou Stralsund en 1249.

Máis tarde sería reconstruída e rodeada por unha sólida muralla con 11 portas e 30 torres de vixilancia.

En 1293 Stralsund convertiuse en Membro da Liga Hanseática e, por conseguinte, aliada de Lübeck; 300 barcos surcarían o Báltico portando a bandeira de Stralsund no século XIV.

A rivalidade entre a Liga Hanseática e o reino de Dinamarca conduciu a unha guerra aberta que terminou co Tratado de Stralsund en 1370.

Durante o século XVII foi tamén un escenario da Guerra dos Trinta Anos. O xeneral Albrecht von Wallenstein sitiou a cidade en 1628, até que as tropas suecas chegaron en axuda da cidade e forzaron a súa retirada.

Tras a guerra, a Paz de Westfalia (1648) convertiu a Pomerania Occidental na Pomerania sueca e a cidade permaneceu baixo dominio sueco até 1807, perdida tras o asedio de tropas napoleónicas e, despois do Congreso de Viena, en 1815 pasou a ser parte de Prusia.

Ao dividirse Alemaña tras o final da Segunda Guerra Mundial, Stralsund quedou dentro da República Democrática Alemá (RDA).

Tras a caída do Muro de Berlín en 1989 e a reunificación alemá, a cidade integrouse na RFA e, por tanto, na Unión Europea.

Política[editar | editar a fonte]

Stralsund constitúe un feudo electoral da Chanceler de Alemaña Angela Merkel, a primeira muller que exerce como xefe do goberno en Berlín desde 2005.[1]

Economía[editar | editar a fonte]

Ao igual que o resto da ex-RDA, Stralsund tivo problemas para acoplarse ao sistema da RFA. Porén, a cidade destaca por ser unha das que mellor souberon adaptarse á Nova Economía aproveitando as constantes subvencións do goberno federal e da Unión Europea.

Porto de Stralsund e a nova ponte que une Stralsund coa illa de Rügen (a chamada Rügendamm).

Patrimonio cultural[editar | editar a fonte]

Xunto coa cidade de Wismar foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002, no conxunto chamado Centros históricos de Stralsund e Wismar,[2] xustificándose porque Wismar e Stralsund eran os centros líderes da sección véndica da Liga Hanseática desde o século XIII ao XV e centros administrativos e de defensa principais no reino sueco dos séculos XVII e XVIII. Contribuíron ao desenvolvemento e á difusión das técnicas de construción en ladrillo e tipos de edificación, trazos característicos das cidades hanseáticas na rexión do Báltico, así como ao desenvolvemento de sistemas de defensa no período sueco.

Ademais, Stralsund e Wismar teñen unha importancia crucial no desenvolvemento das técnicas de construción e urbanismo que se fixeron típicos das cidades comerciais hanseáticas, ben documentadas nas principais igrexas parroquiais, o casa do concello de Stralsund e os tipos de edificios comerciaos como a Dielenhaus.[3] Protéxense dous lugares:

Código Zona Coordenadas
1067-001 Straslund 54°18′09″N 13°05′7″L / 54.30250, -13.08528
1067-002 Wismar 53°53′00″N 11°28′00″L / 53.88333, -11.46667
Monumentos más importantes[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de San Nicolao (1276), a máos antiga de Stralsund.
  • Igrexa de Santa María (1416), o maior templo da cidade.
  • Igrexa de Santiago (1303), destruída varias veces (unha delas polo xeneral Wallenstein e outra durante a Segunda Guerra Mundial).
  • Mosteiro de Santa Catarina (século XIII), hoxe museo oceanográfico.
  • Casa do Concello de de Stralsund (século XIII).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Panorámicas[editar | editar a fonte]

Vista panorámica da cidade
Panorámica do porto
Outra vista do porto

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bush y Merkel: tiempo de flores y asados". Deutsche Welle 13-07-2006 (en español). 2006. Consultado o 01-08-2016. 
  2. "El romántico Rin, patrimonio de la humanidad". Deutsche Welle 27-06-2002 (en español). 2002. Consultado o 01-08-2016. 
  3. Traducido da páxina web da UNESCO

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]