Saltar ao contido

Wismar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wismar
 Nome curto
    Wis (de) Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Hansestadt Wismar (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Imaxe
Implicados
 Xefe do goberno
Thomas Beyer (pt) Traducir (2010 - ) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
século XIII Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
42.219 (2013)
44.587 (2017)
42.906 (2017)
42.550 (2018) actualización estatística
42.550 (2019) actualización estatística
42.785 (2021) actualización estatística
43.878 (2022) actualización estatística
44.022 (2023) actualización estatística
43.329 (2024) actualización estatística
43.103 (2025) actualización estatística Editar o valor en Wikidata
 Superficie
41,72 km²
41.360.000 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   17 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal23966 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap62599 Editar o valor en Wikidata
VIAF146061941 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000405167221 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0js23 Editar o valor en Wikidata
NUTSDE806 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

A cidade hanseática de Wismar é a cidade capital do distrito de Mecklemburgo Noroccidental, no estado federado de Mecklemburgo- Pomerania Occidental, Alemaña. Está situada a beiras do mar Báltico na baía de Wismar, que goza da protección da illa de Poel. Conta cunha poboación de 44 484 persoas.[1]

O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2002 xunto co centro histórico de Stralsund, destacando os edificios de ladrillo en estilo gótico báltico de ambas as cidades.[2]

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

A orixe exacta do nome da cidade de Wismar segue sendo descoñecido. Menciónase como unha posibilidade, de que provén da derivación do nome eslavo do terratenente do territorio, que foi coñecido primeiramente como lugar de Vysě mêr. A partir de 1229 o nome do asentamento foi cambiando de Wyssemaria, a Wissemaria e finalmente, a partir de 1246, a Wismeria.[3]

O nome Wizmar é mencionado na Saga Kný tlinga que foi escrita en 1260 en Islandia. Nela menciónase que o rei Svend III de Dinamarca fixera terra en Wizmar Havn (Baía de Wizmar) en 1147. Este evento é, con todo, probablemente apócrifo.

Economía e turismo

[editar | editar a fonte]

A economía de Wismar foi impactada de forma desfavorable pola reunificación alemá en 1990. Cunha taxa de desemprego de 13.9 %,​ ten unha taxa de desemprego maior á media do estado de Mecklemburgo- Pomerania Occidental e moito maior á de Alemaña en xeral. A industria naval e a da madeira son as máis importantes. O maior empregador de Wismar é o estaleiro naval Nordic Yards con máis de 600 empregados.

O desenvolvemento positivo da industria turística continuou no ano 2012, cando se estableceu un novo récord de visitantes. Este crecemento atribúese en parte ao nomeamento da cidade como Patrimonio da Humanidade, pero tamén grazas á popularidade en Alemaña da serie de televisión policial SOKO Wismar. Hai un total de 1624 camas de hotel na cidade.

  1. ↑ Hansenstadt Wismar (31 de decembro de 2012). "Hansenstadt Wismar Statistik" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013.
  2. ↑ UNESCO (29 de xuño de 2002). "Historic centers of Stralsund and Wismar". Consultado o 27 de xullo de 2013.
  3. ↑ Kühnel, Paul (1881). Verein für Mecklenburgische Geschichte und Altertumskunde, ed. Die Slavische Ortsnamen in Mecklenburg. Jahrbücher des Vereins für Mecklenburgische Geschichte und Altertumskunde. p. 159.