Saltar ao contido

Bamberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBamberg
Vista aérea
(2012)
Imaxe
(2015)

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°53′30″N 10°53′30″L / 49.8917, 10.8917
Estado naciónReich Alemán
Estado históricoReino de Baviera
RegierungsbezirkAlta Franconia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Principado Episcopal de Bamberg (pt) Traducir (1007–1802)
Landgericht Bamberg II (1803–1862)
Bamberg (pt) Traducir (1939–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación80.580 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.475,28 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie54,62 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRegnitz e Canal Meno-Danúbio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude262 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Bamberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAndreas Starke (pt) Traducir (2006–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal96001 e 96052 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0951 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE241 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña094610000000 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán09461000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Villa Carlos Paz (pt) Traducir
Fredonia (en) Traducir
Nagaoka
Rodez (1970–)
Villach (1973–)
Bedford (1977–)
Praga (1992–)
Esztergom (1992–)
Feldkirchen in Kärnten (1993–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webstadt.bamberg.de Editar o valor en Wikidata
Twitter: Bamberg_de Editar o valor en Wikidata

Bamberg é unha cidade alemá pertencente ao Estado de Baviera (Alemaña), situado na rexión de Franconia, a beiras do río Regnitz. A cidade, declarada no seu conxunto Patrimonio da Humanidade en 1993, tiña unha poboación de 70 863 habitantes a 31 de decembro de 2012.

Durante os séculos posteriores ao imperio de Roma, a migración xermana chegou á Diocese de Bamberg, a cal estaba habitada polos eslavos. O asentamento foi mencionado por primeira vez no ano 902, debido á construción do Castelo de Babenberg, en honra á familia que o construíu. A área foi evanxelizada polos monxes da Orde Beneditina, e foi entregada á Diocese de Würzburg.

En 1007, o Santo Emperador Romano Henrique II opta por separar Bamberg da Diocese de Würzburg debido a que buscaba reducir de tamaño esa diocese. En 1008 logrouse mediante o consenso entre os Bispos de Würzburg e Eichstätt, xunto coa aprobación do Papa Xoán XVIII, a definición duns novos límites da Diocese. A nova catedral foi terminada en 1012, o cal marcou o inicio da nova extensión diocesal. Cinco anos máis tarde, fundouse un mosteiro para o culto e a formación dos clérigos.

Ao redor do século XIII, os bispos forzaron ao Imperio, permitindo así, construír grandes edificacións en Bamberg. Sendo así o poder, que se obtiveron vastos territorios, sendo todos perdidos pola Reforma, os cales reduciron a extensión á metade. En 1647 fúndase a Universidade de Bamberg, que foi fundada nun principio co nome de Academia Bambergensis. En 1759, as posesións e xurisdicións da Diocese foron entregadas e vendidas a Austria. Cando se produciu a secularización da terra, por parte da igrexa, levou a efecto (1802), a extensión de terra era de 3 305 km² e a súa poboación próxima aos 220 000 habitantes. En 1802 independízase e en 1803 únese a Baviera.

En 1976, a Unión Astronómica Internacional aprobou pór o nome da cidade a un cráter do planeta Marte, coñecido como Bamberg.[1]

Sitios de interese

[editar | editar a fonte]

O conxunto da cidade de Bamberg, foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1993, abarcando unha área protexida de 142 ha e unha zona de respecto de 444 ha.

Dentro deste patrimonio pódese atopar:

  • A Catedral (1237), cos restos dos reis Henrique II e o Papa Clemente II
  • A Residencia Antiga (Alte Hofhaltung), residencia dos bispos entre o século XVI e século XVII
  • A Residencia Nova (Neue Residenz), residencia dos bispos despois do século XVII
  • A Casa do Concello Antiga (Altes Rathaus, 1386), construído nunha illa no centro do río Regnitz

A Catedral é unha estrutura pertencente ao estilo románico dentro da arquitectura, debido ao catro torres que se atopan na estrutura lateral. Foi fundada en 1004 polo Emperador Henrique II, terminada en 1012 e consagrada o 6 de maio de 1012. O lume destruíuna, en forma parcial, no ano 1081. A nova catedral foi construída por Otto de Bamberg e dedicada o ano 1111. No século XIII, recibiu o seu forma románica definitiva. Na catedral atópase o O Xinete de Bamberg, unha estatua ecuestre de pedra, construída probablemente entre 1225 e 1237. O Emperador Henrique II e a súa esposa Santa Cunegunda están enterrados na catedral.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]