1000 12/16

Glaciar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O glaciar (do latín glacies) é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación. Consta de tres partes: cabeceira, lingua e val.

O xeo vai movéndose por gravidade, podendo acadar, en determinadas circunstancias, velocidades estables de máis de 1 m / día.[1]

En Islandia atópase o maior maior glaciar de Europa, o Vatnajökull, con uns 8400 km2 e un grosor medio do xeo duns 900 m.[2]

Un 10% da Terra está cuberta de glaciares, que almacenan uns 33 millóns de km3 de auga doce, namentres que durante as glaciacións se estendían por zonas de baixa altitude e en todas latitudes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copernicus Sentinel-2 monitors glacier icefall, helping climbers ascend Mount Everest - News - Sentinel Online". sentinels.copernicus.eu (en inglés). Consultado o 2020-09-17. 
  2. "Cloud-free Iceland". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-30. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]