Gran Premio de Francia de 1967
| Nome oficial | 53e Grand Prix de l'Automobile Club of France |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (fr) 53e Grand Prix de l'ACF |
| Tipo | Gran Premio de Francia |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1967 |
| Distancia do evento | 80 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Le Mans (Le Mans Métropole (en) Circuíto de Le Mans (Le Mans) |
| País | Francia |
| Data | 2 de xullo de 1967 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jack Brabham Brabham |
| Pole position | Graham Hill |
| Volta máis rápida | Graham Hill |
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1967 celebrouse no Autódromo de Bugatti o 2 de xullo de 1967. Foi o primeiro Gran Premio de Francia, que se celebrou en Le Mans desde a primeira carreira en 1906 e ata 2013, foi a única vez que o Circuíto Bugatti se utilizou para o Gran Premio de Francia.
O circuíto de Bugatti utiliza o pit da recta principal de Le Mans, que en 1967 non tiña a chicane Dunlop, logo viraba á dereita en "La Chapelle" seguido dunha curva interior a esquerdas, "Le Musée", seguida logo doutra curva a dereita, "Garage Vert", que daba á recta de atrás, a única característica distintiva era a "Chemin Aux Boeups", unha curva a esquerda (agora unha chicane esquerda-dereita), antes de regresar á recta de boxes a través das curvas "S Bleu" e "raccordement" preto da entrada a boxes. O circuíto era aburrido e foi universalmente impopular entre os pilotos e os espectadores con só 20.000 asistentes á carreira, algúns pilotos expresaron en privado o seu desexo de que a carreira se levara a cabo na totalidade dos 13´461 quilómetros de longo do Circuíto da Sarthe, onde a recta de Mulsanne de 5´7 km. era 1´3 km máis longa que todo o circuíto de Bugatti.
Nese momento, os circuítos con lonxitudes de 10 km ou máis eran comúns nos Grandes Premios, cos 14´120 km. de Spa-Francorchamps utilizado para o Gran Premio de Bélxica, e os infames 22´835 quilómetros de Nürburgring utilizado para o Gran Premio de Alemaña, así que moitos pilotos querían usar o circuíto completo das 24 Horas considerándoo como o lugar adecuado para a carreira.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Graham Hill estaba na pole e liderou a primeira volta ata que Jack Brabham o pasou. Na volta 7 Jim Clark tomou o liderado e Hill pasou a Brabham para facer un 1-2 de Lotus. Hill retomou o liderado ata que a coroa e o piñón da roda fallaron na volta 14. O mesmo problema causou a retirada de Clark da cabeza na volta 23, quedando Brabham por diante de Dan Gurney, Chris Amon e Denny Hulme. Na volta 41 o circuíto de combustible do coche de Gurney rompeuse, polo que quedou un 1-2 para Brabham, o cable do acelerador Amon rompeu varias voltas máis tarde. Brabham chegou á meta tranquilamente, gañando a súa primeira carreira logo de oito grandes premios sen gañar, por 49´5 segundos e xustificando a súa posición como Campión do Mundo.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 3 | Brabham-Repco | 80 | 2:13:21.3 | 2 | 9 | |
| 2 | 4 | Brabham-Repco | 80 | + 49´5 | 6 | 6 | |
| 3 | 10 | BRM | 79 | + 1 volta | 10 | 4 | |
| 4 | 18 | Cooper-Maserati | 77 | + 3 voltas | 11 | 3 | |
| 5 | 15 | BRM | 76 | Motor | 9 | 2 | |
| 6 | 14 | Cooper-Maserati | 76 | + 4 voltas | 13 | 1 | |
| NC | 16 | Cooper-Maserati | 68 | Non clasificado | 15 | ||
| Ret | 2 | Ferrari | 47 | Acelerador | 7 | ||
| Ret | 9 | Eagle-Weslake | 40 | Fuga gasolina | 3 | ||
| Ret | 12 | Cooper-Maserati | 33 | Motor | 8 | ||
| Ret | 8 | Eagle-Weslake | 26 | Encendido | 5 | ||
| Ret | 6 | Lotus-Ford | 23 | Diferencial | 4 | ||
| Ret | 17 | Brabham-Climax | 16 | Encendido | 14 | ||
| Ret | 7 | Lotus-Ford | 13 | Diferencial | 1 | ||
| Ret | 11 | BRM | 9 | Palier | 12 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1967 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 2008-01-16.
| Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1967 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1967 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1967 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1966 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1968 |