Trevor Taylor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trevor Taylor
Grand Prix te Zandvoort Nummer 12 Hill, nummer 22 Taylor 21, Bestanddeelnr 915-2880.jpg
Taylor no Gran Premio dos Países Baixos de 1963
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of the United Kingdom.svg
Anos en activo 6 (1959, 19611964, 1966)
Escudería(s) Lotus incl. non oficial, BRP, Shannon, non oficial Cooper
Grandes Premios disputados 29 (27 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1959
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1966


Trevor Taylor nado en Sheffield o 26 de decembro de 1936 e finado o 27 de setembro de 2010 foi un piloto de carreiras británico de Inglaterra.

Inicios[editar | editar a fonte]

Trevor Taylor naceu en Sheffield, fillo do dono dun garaxe de Rotherham. Comezou a súa andaina nas carreiras nun Fórmula 3 de 500 cc, inicialmnte nun Staride e máis tarde nun Cooper-Norton. Dez vitorias en 1958 valéronlle o Campionato Británico de Fórmula 3. Logo dun ano 1959 frustrante co seu propio Cooper de Fórmula 2, recibiu unha invitación para correr co seu Lotus 18 como un segundo coche oficial en 1960. Acabou empatado no primeiro lugar no Campionato de Fórmula Junior con Jim Clark, malia que competiu en dúas carreiras máis que contaban para o campionato que Clark.[1] Que xa pilotaba regularmente para Team Lotus na Fórmula 1. Taylor gañou de novo o título pola súa propia conta en 1961.[1] A finais de 1961, Taylor conseguiu unha unidade regular na Fórmula 1 co equipo Lotus e demostrou ser competitivo con Clark e Moss na serie Suráfrica en decembro de 1961.[Cómpre referencia]

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Taylor participou en 29 Grandes Premio s do Campionato Mundial de Fórmula Un, cualificando para 27 deles.[1] Fixo o seu debut o 18 de xullo de 1959, no Gran Premio británico disputado e se ano en Aintree, pilotando un Cooper T51 de 1,5 litros privado pero non cualificou.[1] En 1961, quedou décimo terceiro no Gran Premio dos Países Baixos de 1961, a súa única carreira do campionato do mundo nese ano. En 1962 foi segundo na carreira que abría o campionato do mundo de Fórmula Un, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962,[1] finalmente o seu único podio no campionato do mundo. Liderouo cedo no Gran Premio de Bélxica de 1962 en Spa de Francorchamps e despois de que o seu líder de equipo Clark o pasara entablou un duelo con Willy Mairesse que pilotaba diante do seu público. Seguindo a estela de Taylor, Mairesse recortou a distancia con Taylor,[2] O Ferrari 156 tiña máis potencia costa arriba e chocaron, aínda que ningún dos dous sufriu lesións graves ambos tiveron a sorte de sobrevivir a un accidente a alta velocidade.

A finais de 1962, Taylor compartiu con Jim Clark o coche e a vitoria na carreira fora de campionato do Gran Premio de México, logrou unha vitoria e un segundo lugar en dúas carreiras non de campionato en Suráfrica que confirmaron o seu posto no equipo Lotus en 1963. Con todo, logo dun puñado de finais no podio en eventos fora de campionato, o seu mellor resultado no campionato do mundo foi o sexto lugar na carreira de abertura no Gran Premio de Mónaco de 1963, de cando en cando era competitivo, aínda que no rápido circuíto de Reims, no Gran Premio de Francia de 1963, marchaba en segundo lugar cando se retirou. Taylor admitiu que a súa confianza minouse a causa de dous accidentes serios en Spa e no Autódromo di Pergusa. O propietario do equipo, Colin Chapman, suxeriu que Taylor tomase un ano sabático despois do final da tempada 1963 e logo volvese a Lotus.[3][4][5] Taylor non estaba de acordo e intentou continuar como piloto de F1. Logo dunha tempada fracasada con British Racing Partnership en 1964, Taylor retirouse da competición de Fórmula Un.

Durante a súa carreira conseguiu un podio, e anotou un total de oito puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un non puntuables para o campionato do mundo durante este tempo e gañou tres, incluíndo unha compartida con Clark, en 1962 e 1963. A Taylor atribúeselle a invención da raia amarela que se estendeu polos coches de Lotus durante os anos sesenta.[6]

Despois de 1964 Taylor gozou de formas menores da competición, e probou un Cosworth de Fórmula 1 en 1969 que non chegou a participar en ningunha carreira. Nese ano comezou a F5000, Trevor Taylor foi un duro competidor no Guards Championship gañando carreiras da Fórmula 5000 nun Surtees TS5 nos Países Baixos, Dinamarca, Alemaña e Irlanda e terminou subcampión detrás de Peter Gethin na serie de Fórmula 5000 de 1969.

Taylor morreu á idade de 73 anos logo de contraer cancro.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1959 Ace Garage (Rotherham) Cooper T51 Climax 4 en liña MON 500 NED FRA GBR
NSC
ALE POR ITA USA NC 0
1961 Team Lotus Lotus 18 Climax 4 en liña MON NED
13
BEL FRA GBR ALE ITA USA NC 0
1962 Team Lotus Lotus 24 Climax V8 NED
2
MON
Ret
BEL
Ret
GBR
8
ALE
Ret
10º 6
Lotus 25 FRA
8
ITA
Ret
USA
12
RSA
Ret
1963 Team Lotus Lotus 25 Climax V8 MON
6
BEL
Ret
NED
10
FRA
13
GBR
Ret
ALE
8
ITA USA
Ret
MEX
Ret
RSA
8
17º 1
1964 British Racing Partnership BRP 1 BRM V8 MON
Ret
NED AUT
Ret
ITA
NSC
22º 1
BRP 2 BEL
7
FRA
Ret
USA
6
MEX
Ret
Lotus 24 GBR
Ret
ALE
1966 Aiden Jones / Paul Emery Shannon Climax V8 MON BEL FRA GBR
Ret
NED ALE ITA USA MEX NC 0
Fonte:[7]

Resultados fora do campionato[editar | editar a fonte]

(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
1959 Ace Garage (Rotherham) Cooper T51 F2 Climax 4 en liña GLV AIN
NC
INT OUL SIL
9
1961 Team Lotus Lotus 18 Climax 4 en liña LOM GLV PAU
Ret
BRX
Ret
VIE AIN
19
SYR NAP LON SIL
9
SOL
9
KAN DAN MOD FLG OUL
Ret
LEW VAL
Lotus 21 RAN
2
NAT
Ret
RSA
Ret
1962 Team Lotus Lotus 21 Climax 4 en liña CAP
1
BRX
10
LOM
Ret
LAV GLV
Lotus 24 Climax V8 PAU
11
AIN
5
INT
10
NAP MAL CLP
Ret
RMS
Ret
SOL
3
KAN MED
Lotus 25 DAN
6
OUL
Ret
MEX
1
RAN
2
NAT
1
1963 Team Lotus Lotus 25 Climax V8 LOM
NCG
GLV PAU
2
IMO
9
SYR
WD
AIN
3
INT
3
ROM SOL
Ret
KAN
2
MED
Ret
AUT OUL
Ret
RAN
10
1964 British Racing Partnership Lotus 24 BRM V8 DMT
Ret
NWT
3
SYR
BRP 1 AIN
Ret
INT
Ret
SOL MED
Ret
RAN

Vitoria compartida con Jim Clark, que se fixo cargo do coche despois de ser descualificado por empuxar o coche na saída.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. pp. 380–381. ISBN 0851127029. 
  2. Tremayne, David (24 de novembro de 2010). "Trevor Taylor: Racing driver who overcame bad luck on the track to forge a successful career". independent.co.uk. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  3. "Trevor Taylor obituary". theguardian.com. 1 de novembro de 2011. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  4. "TrevorTaylor". Motor Sport magazine archive. December 2010. p. 28. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  5. "Trevor Taylor Remembers". Motor Sport magazine archive. April 1981. p. 36. Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  6. Trevor Taylor dies aged 73 Autosport.com
  7. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 381. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]