Phil Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Phil Hill
Phil Hill + Jackie Stewart 1991 USA.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Anos en activo 1958 - 1964, 1966
Escudería(s) Maserati, Ferrari, Cooper, Porsche, Automobili Turismo e Sport, Lotus, Eagle
Grandes Premios disputados 51 (48 saidas)
Campionatos 1 (1961)
Vitorias 3
Podios 16
Pole positions 6
Voltas rápidas 6
Primeiro GP Gran Premio de Francia de 1958
Primeira vitoria Gran Premio de Italia de 1960
Derradeira vitoria Gran Premio de Italia de 1961
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1966

Philip Toll Hill Jr., nado o 20 de abril de 1927 en Miami e finado o 28 de agosto de 2008, foi o primeiro estadounidense de nacemento que gañou un campionato de Fórmula 1, (Mario Andretti, piloto estadounidense, gañou o Campionato Mundial de Pilotos en 1978, pero non naceu nos Estados Unidos). Tamén logrou tres vitorias nas 24 Horas de Le Mans e nas 12 Horas de Sebring.

Hill foi descrito como un "home reflexivo e xentil" e unha vez dixo: "Estou no negocio equivocado, non quero vencer a ninguén, non quero ser un gran heroe. Basicamente son un home amante da paz".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Miami, Florida, Hill creceu en Santa Monica, California, onde viviu ata a súa morte. Estudou Administración de Empresas na University of Southern California de 1945 a 1947, onde foi membro da fraternidade Kappa Sigma. Phil Hill empezou no automobilismo a unha idade moi temperá, traballando como mecánico nos coches doutros pilotos.[2] Hill comezou a competir en coches a unha idade temperá, marchou a Gran Bretaña como aprendiz de Jaguar en 1949 e fichou polo equipo Ferrari de Enzo Ferrari en 1956. Debutou no Gran Premio de Francia de 1958 en Reims pilotando un Maserati. Ese mesmo ano, gañou as 24 Horas de Le Mans[3] co belga Olivier Gendebien como compañeiro de equipo, conducindo durante a maior parte da noite baixo unha choiva horrorosa. Hill converteuse no primeiro gañador nado nos EE.UU. das 24 Horas de Le Mans. Ambos conseguirían a vitoria na famosa carreira de resistencia outras dúas veces en 1961 e 1962.

Hill pilotando un Ferrari 250 TR nas 12 horas de Sebring (1958).

Hill comezou a conducir a tempo completo para o equipo Ferrari de Fórmula Un en 1959, acadando tres podios e un cuarto lugar no Campionato de Pilotos. En 1960 gañou o Gran Premio de Italia en Monza, a primeira vitoria nun Gran Premio para un piloto estadounidense en case corenta anos, desde que Jimmy Murphy gañara o Gran Premio de Francia de 1921. Tamén resultou ser a última vitoria para un coche de motor dianteiro na Fórmula 1. Na tempada seguinte 1961 Hill gañou o Gran Premio belga e a falta de dúas carreiras soamente o seu compañeiro de equipo en Ferrari Wolfgang von Trips o superaba na clasificación da tempada. Wolfgang von Trips morreu nun accidente durante o Gran Premio de Italia de 1961 no que tamén morreron quince espectadores. Hill gañou a carreira e gañou o campionato, pero o triunfo foi agridulce. A decisión de Ferrari de non viaxar a Estados Unidos durante a rolda final da tempada 1961 nos Estados Unidos privou a Hill da oportunidade de participar na súa carreira en casa en Watkins Glen como o recentemente coroado Campión do Mundo. Cando volveu na seguinte tempada de Fórmula 1 en 1962, a súa última con Ferrari, Hill dixo: "Xa non teño tanta necesidade de correr, de gañar, xa non teño tanto fame. Xa non estou disposto a arriscarme a morrer."[1]

Logo de deixar a Ferrari a finais de 1962, el e o seu compañeiro Giancarlo Baghetti correron para o novo equipo ATS creado por antigos enxeñeiros de Ferrari. En 1964 Hill seguiu na Fórmula Un, pilotando para Cooper Formula One Team antes de retirarse dos monoprazas ao final da tempada, e limitar o seu futuro a pilotar en Carreiras de automóbiles deportivos con Ford Motor Company e os coches Chaparral de Jim Hall, retirouse das carreiras por completo en 1967.

Hill pilotando para Ferrari no Gran Premio de Alemaña de 1962.

Phil Hill tivo a marca de gañar as primeira e a última carreira na súa vida como corredor, a última vitoria foi correndo para Chaparral no "BOAC 500" en 1967, no circuíto Brands Hatch de Inglaterra.

En 1991 foi integrado no Salón da Fama International do Deporte Motor.

Faleceu por complicacións do párkinson que padecía, o 28 de agosto de 2008.

O seu fillo Derek correu na Fórmula 3000 en 2003.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Pts.
1958 Joakim Bonnier Racing Team Maserati 250F Maserati L6 ARX MON NED 500 BEL FRA
7
GBR 10º 9
Scuderia Ferrari Ferrari Dino 156 Ferrari V6 ALE
9
POR
NCG
Ferrari Dino 246 Ferrari V6 ITA
3
MOR
3
1959 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 MON
4
500 NED
6
FRA
2
GBR ALE
3
POR
Ret
ITA
2
USA
Ret
20
1960 Scuderia Ferrari Ferrari 246 Ferrari V6 ARX
8
MON
3
500 NED
Ret
BEL
4
FRA
12
GBR
7
POR
Ret
ITA
1
16
Yeoman Credit Racing Team Cooper T51 Climax L4 USA
6
1961 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON
3
NED
2
BEL
1
FRA
9
GBR
2
ALE
3
ITA
1
USA
NCG
34 (38)
1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 NED
3
MON
2
BEL
3
FRA
NCG
GBR
Ret
ALE
Ret
ITA
11
14
Porsche System Engineering Porsche 804 Porsche F8 USA
NTS
RSA
1963 Automobili Turismo e Sport ATS 100 ATS V8 MON BEL
Ret
NED
Ret
ITA
11
USA
Ret
MEX
Ret
RSA 26º 0
Ecurie Filipinetti Lotus 24 BRM V8 FRA
NC
GBR ALE
1964 Cooper Car Company Cooper T73 Climax V8 MON
9
NED
8
BEL
Ret
FRA
7
GBR
6
ALE
Ret
USA
Ret
MEX
9
19º 1
Cooper T66 Climax V8 AUT
Ret
ITA
1966 Anglo American Racers Eagle T1G Climax L4 MON BEL FRA GBR NED ALE ITA
NSC
USA MEX NC 0


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Daley, Robert (1963). The Cruel Sport.
  2. Jim Peltz, Phil Hill dies at 81; only American-born driver to win Formula One title, Los Angeles Times, 29 de agosto de 2008.
  3. Weber, Bruce (2008-08-28). "Phil Hill, a Racing Legend at Odds With the Sport at Times, Is Dead at 81". New York Times. Consultado o 2008-09-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Phil Hill

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Jack Brabham
Campión da Fórmula 1
1961
Sucesor:
Graham Hill