Gran Premio de Italia de 1966
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 7 de 9 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966. | ||
![]() Trazado do circuíto de Monza. | ||
Data | 4 de setembro 1966 | |
Nome oficial | XXXVII Gran Premio d'Italia | |
Localización | Circuíto de Monza, Monza,Italia | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´750 km | |
Distancia | 68 voltas, 391´00 km | |
Clima | Asollado, seco, cálido | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:31.3 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:32.4 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Ferrari |
Segundo | ![]() |
Ferrari |
Terceiro | ![]() |
Brabham-Repco |
O Gran Premio de Italia de Fórmula 1 de 1966 (formalmente o XXXVII Gran Premio d'Italia) celebrouse en Monza o 4 de setembro de 1966.
Foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1966. A carreira foi a 37º Gran Premio de Italia e o 32º, que se celebraba en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 68 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia de carreira de 391 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto italiano Ludovico Scarfiotti pilotando un Ferrari 312 na súa única vitoria nun Gran Premio. Scarfiotti gañou ao seu compañeiro de equipo, o británico Mike Parkes por cinco segundos. Parkes bateu ao piloto neozelandés Denny Hulme no seu Brabham BT20, por menos de medio segundo.
O líder por puntos no campionato Jack Brabham detívose cunha fuga de aceite no seu Brabham BT19 na sétima volta, conseguiu o seu terceiro campionato mundial, sendo o único piloto en converterse en campión do mundo nun coche da súa propia marca, cando o seu único posible rival John Surtees detívose cunha fuga de combustible no seu Cooper T81 24 voltas máis tarde.
Informe da carreira[editar | editar a fonte]
Jack Brabham era o favorito con máis probabilidades para gañar o campionato, só John Surtees podía superalo, e só gañando as tres últimas carreiras. Non puido facelo por unha impresionante actuación dos pilotos de Ferrari no seu circuíto de casa. Honda trouxera un novo motor V12 de 3 litros e 370 CV para Richie Ginther, mentres que Dan Gurney tiña o seu motor Weslake e Graham Hill tiña o BRM H16. Lorenzo Bandini e Mike Parkes lideraron desde o inicio, o motor de Hill rompeu na primeira volta, seguido do abandono de Jackie Stewart na volta 5 cunha fuga de combustible, e logo de Brabham na volta 8 cun fallo de motor que recubriu o coche en aceite. Jim Clark no Lotus H16 movíase con forza a través da pista. Na volta 17, Richie Ginther tivo un terrible accidente, estrelándose fortemente contra as árbores e foi moi afortunado de saír con vida. Cando Clark entrou en boxes, Ludovico Scarfiotti, Parkes, Surtees disputaron o liderado ata que Surtees se retirou co tanque de gasolina roto que derramaba gasolina sobre os seus pneumáticos e poñía fin ás súas posibilidades no campionato. Denny Hulme avanzaba a través da pista no terceiro lugar. Pero a carreira foi para Scarfiotti, convertendose no primeiro italiano en gañar cun Ferrari en Monza desde Alberto Ascari en 1952. Parkes completou a ledicia de Ferrari, xa que superou a Hulme en 0´3 segundos, acadando o segundo lugar. No medio de todas as celebracións, Jack Brabham coroouse campión.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | ![]() |
Ferrari | 68 | 1:47:14.8 | 2 | 9 |
2 | 4 | ![]() |
Ferrari | 68 | + 5.8 | 1 | 6 |
3 | 12 | ![]() |
Brabham-Repco | 68 | + 6.1 | 10 | 4 |
4 | 16 | ![]() |
Cooper-Maserati | 67 | + 1 volta | 8 | 3 |
5 | 42 | ![]() |
Lotus-BRM | 67 | + 1 volta | 14 | 2 |
6 | 40 | ![]() |
Brabham-Climax | 66 | + 2 voltas | 15 | 1 |
7 | 48 | ![]() |
BRM | 65 | + 3 voltas | 18 | |
8 | 24 | ![]() |
Lotus-BRM | 63 | Motor | 13 | |
9 | 20 | ![]() |
Lotus-Climax | 63 | + 5 voltas | 20 | |
NC | 44 | ![]() |
Ferrari | 59 | Non clasificado | 16 | |
Ret | 22 | ![]() |
Lotus-BRM | 58 | Caixa de cambios | 3 | |
Ret | 36 | ![]() |
Cooper-Maserati | 46 | Motor | 17 | |
Ret | 2 | ![]() |
Ferrari | 33 | Encendido | 5 | |
Ret | 14 | ![]() |
Cooper-Maserati | 31 | Fuga gasolina | 4 | |
Ret | 18 | ![]() |
Honda | 16 | Accidente | 7 | |
Ret | 10 | ![]() |
Brabham-Repco | 7 | Fuga aceite | 6 | |
Ret | 30 | ![]() |
Eagle-Weslake | 7 | Motor | 19 | |
Ret | 28 | ![]() |
BRM | 5 | Fuga gasolina | 9 | |
Ret | 38 | ![]() |
Cooper-Maserati | 3 | Acelerador | 12 | |
Ret | 26 | ![]() |
BRM | 0 | Motor | 11 | |
NSC | 34 | ![]() |
Eagle-Climax | ||||
NSC | 32 | ![]() |
Brabham-BRM |
Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1965 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1967 |