Gran Premio de Alemaña de 1961
| Nome oficial | XXIII Grosser Preis von Deutschland |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (de) XXIII Grosser Preis von Deutschland |
| Tipo | Gran Premio de Alemaña |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 |
| Distancia do evento | 15 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Nürburgring (Renania-Palatinado) Nürburg (Adenau) Alemaña do Oeste |
| País | Alemaña |
| Data | 6 de agosto de 1961 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Stirling Moss Team Lotus |
| Pole position | Phil Hill |
| Volta máis rápida | Phil Hill |
O Gran Premio de Alemaña de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 6 de agosto de 1961 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1961 e a carreira número 100 desde que se estableceu o Campionato do Mundo en 1950.

A carreira foi gañada polo piloto británico Stirling Moss pilotando un Lotus 18/21 para o equipo privado Rob Walker Racing Team. Moss comezou desde a segunda fila da grella e liderou todas as voltas da carreira. Foi a primeira vitoria nun Gran Premio de Alemaña dun coche con motor traseiro desde que o Auto Union Tipo C de Bernd Rosemeyer lograra a vitoria en 1936. Moss terminou a pouco máis de 20 segundos por diante dos Ferrari 156 pilotados por Wolfgang von Trips e Phil Hill, rompendo unha serie de catro carreiras consecutivas de vitorias de Ferrari. O resultado levou a Moss ao terceiro lugar no campionato, converténdose no único piloto fora do trío de pilotos de Ferrari, Von Trips, Hill e Richie Ginther, que seguian en carreira con posibilidades de converterse no campión do mundo de 1961 a falta das dúas carreiras restantes.
Foi a última aparición no seu país de orixe do líder von Trips antes da súa morte no Gran Premio de Italia cinco semanas máis tarde. O seu segundo posto asegurou a Ferrari o campionato de construtores.
Remataron 17 pilotos dos 26 que comezaron a carreira clasificados aínda que Bernard Collomb co seu (Cooper T53) non clasificou ó non completar o 75% da distancia da carreira.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltass | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 7 | Lotus-Climax | 15 | 2:18:12.4 | 3 | 9 | |
| 2 | 3 | Ferrari | 15 | +21.4 segs | 5 | 6 | |
| 3 | 4 | Ferrari | 15 | +22.5 segs | 1 | 4 | |
| 4 | 14 | Lotus-Climax | 15 | +1:17.1 | 8 | 3 | |
| 5 | 18 | Cooper-Climax | 15 | +1:53.1 | 10 | 2 | |
| 6 | 2 | Cooper-Climax | 15 | +2:41.4 | 12 | 1 | |
| 7 | 9 | Porsche | 15 | +3:23.1 | 7 | ||
| 8 | 5 | Ferrari | 15 | +5:23.1 | 14 | ||
| 9 | 28 | Cooper-Climax | 15 | +5:23.7 | 18 | ||
| 10 | 19 | Cooper-Climax | 15 | +12:11.5 | 15 | ||
| 11 | 33 | Lotus-Climax | 14 | +1 volta | 22 | ||
| 12 | 30 | Cooper-Climax | 14 | +1 volta | 24 | ||
| 13 | 11 | Porsche | 14 | +1 volta | 11 | ||
| 14 | 31 | Porsche | 14 | +1 volta | 17 | ||
| 15 | 37 | Lotus-Climax | 13 | +2 voltas | 20 | ||
| 16 | 27 | Lotus-Climax | 13 | +2 voltas | 25 | ||
| Ret | 6 | Ferrari | 13 | Accidente | 13 | ||
| Ret | 20 | Cooper-Maserati | 12 | Motor | 21 | ||
| NC | 38 | Cooper-Climax | 11 | Non Clasificado | 26 | ||
| Ret | 32 | Cooper-Maserati | 10 | Motor | 19 | ||
| Ret | 16 | BRM-Climax | 6 | Motor | 9 | ||
| Ret | 8 | Porsche | 5 | Motor | 4 | ||
| Ret | 26 | Lotus-Climax | 3 | Dirección | 23 | ||
| Ret | 17 | BRM-Climax | 1 | Accidente | 16 | ||
| Ret | 15 | Lotus-Climax | 1 | Lume | 6 | ||
| Ret | 1 | Cooper-Climax | 0 | Accidente | 2 | ||
| Ret | 10 | Porsche | Coche non listo | ||||
| Ret | 12 | Cooper-Climax | Coche pilotado por Burgess | ||||
| Ret | 25 | Lotus-Climax | Accidente na práctica | ||||
| Ret | 29 | MBM-Porsche | |||||
| Ret | 34 | Cooper-Climax | |||||
| Ret | 35 | Cooper-Climax | Coche non preparado | ||||
| Ret | 39 | Cooper-Climax |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta: Stirling Moss 15 voltas (1-15).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1961 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1961 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1961 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1961 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1959 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1962 |