Winchester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 51°3′48″N 1°18′29″O / 51.06333, -1.30806

Winchester
Wintonia.png
Winchester cathedral - geograph.org.uk - 1628919.jpg
Catedral de Winchester.
Localización
Winchester en Inglaterra
Winchester
Winchester
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónNoroeste de Inglaterra
CondadoHampshire
Demografía
Poboación45 184 (2011)
Densidadehab/km²
Outros datos
Código postalSO22 e SO23
Páxina oficial

Winchester é unha cidade e capital do condado de Hampshire, Inglaterra. A cidade atópase no corazón da cidade de Winchester, un distrito do goberno local e está situada no extremo occidental do parque nacional de South Downs, ó longo do curso do río Itchen.[1] Atópase a 98 quilómetros ó suroeste de Londres e 21.9 km de Southampton, a súa cidade máis achegada. Segundo o censo de 2011, Winchester tiña unha poboación de 45 184. O distrito da cidade de Winchester inclúe as vilas de Alresford e Bishop's Waltham, cunha poboación total de 116 800.[2]

Winchester desenvolveuse a partir da vila romana de Venta Belgarum, que á súa vez era un oppidum da Idade de Ferro. O principal atractivo de Winchester é a súa catedral, unha das meirandes catedrais de Europa, que salienta por ter a nave máis longa e a maior lonxitude total de tódalas catedrais góticas de Europa. A cidade alberga a Universidade de Winchester e o Winchester College, a escola pública máis antiga do Reino Unido que aínda emprega os seus edificios orixinais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Landranger 185: Winchester & Basingstoke. Ordnance Survey. 2005. ISBN 978-0-319-22884-5. 
  2. "2011 Census: KS101EW Usual resident population, local authorities in England and Wales". National Statistics. Consultado o 5 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]