Mar Negro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números segundo Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 109: Liña 109:
[[Ficheiro:Sevastopol IMG 0919 1725.jpg|border|135px|Sochi]]<br/>Sevastopol<br/>
[[Ficheiro:Sevastopol IMG 0919 1725.jpg|border|135px|Sochi]]<br/>Sevastopol<br/>
|-
|-
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|1||align=left|'''[[Istambul]]'''||[[Turquía]]||[[Provincia de Istambul|Istambul]]||13.624.240<ref>{{Cita web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=34&p_kod=1&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|1||align=left|'''[[Istambul]]'''||[[Turquía]]||[[Provincia de Istambul|Istambul]]||13&nbsp;624&nbsp;240<ref>{{Cita web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=34&p_kod=1&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>
|-
|-
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|2||align=left|'''[[Odesa]]'''||[[Ucraína]]||[[Oblast de Odesa|Odesa]]||1.003.705
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|2||align=left|'''[[Odesa]]'''||[[Ucraína]]||[[Oblast de Odesa|Odesa]]||1&nbsp;003&nbsp;705
|-
|-
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|3||align=left|'''[[Samsun]]'''||[[Turquía]]||[[Provincia de Samsun|Samsun]]||535.401<ref>{{Cita web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=55&p_kod=1&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|3||align=left|'''[[Samsun]]'''||[[Turquía]]||[[Provincia de Samsun|Samsun]]||535.401<ref>{{Cita web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=55&p_kod=1&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>
Liña 144: Liña 144:


{{ORDENAR:Negro, Mar}}
{{ORDENAR:Negro, Mar}}

[[Categoría:Mar Negro]]
[[Categoría:Mar Negro]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2017 ás 09:15

Mar Negro
Localización administrativa
EstadoBulgaria Bulgaria
Xeorxia Xeorxia
Romanía Romanía
Rusia Rusia
Turquía Turquía
Ucraína Ucraína
Localización xeográfica
Océano / MarMar epicontinental
ContinenteEuropa - Asia
Cunca2 millóns Km2
Xeografía
Mares contiguosMar de Azov
mar de Mármara
(mar Exeo,
mar Mediterráneo)
Illas interiores10+
AfluentesDanubio (2.888 km),
Dniéper (2.290 km)),
Dnister (1.352 km)
Kubán (870 km)
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Karkinit
esteiro do Dniéper
PenínsulasCrimea
EstreitosBósforo (Mármara)
Dardanelos (Exeo)
estreito de Kerch (Azov)
Características
Superficie436 400 km²[1]
Lonxitude máxima1175 km
Profundiade máxima2212 m
Capacidade547 000 km³
Outros datos
Salinidade17%
Mapa

Localización do mar Negro.

Vista satélite
O Mar Negro coa península da Crimea e o Mar de Azov ao norte.

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.[1]

Características

Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.

Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.

Formación

Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno

O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.

Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, isto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estruturas constituídas polo ser humano a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destes moluscos indica que teñen unha idade de uns 7.000 anos.

Tendo en conta estes feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocurreu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce superaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e desaugaba no Mar Mediterráneo.

Teoría da inundación ou o dioivo

En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produciu unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.

Historia

Dende a antigüidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vías de entrada do gas natural ruso en Europa.

Etimoloxía

O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o Norte, o "azul" para o Oeste, o "branco" para o Sur e o "verde" para o Leste. Ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).

Fauna

Mexillón cebra.

O Mar Negro conta con especies animais características como son:

Poboación

As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Istambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.

Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro.

Odessa
Estanbul
Samsun
Odesa

Pos. Cidade País Rexión Poboación urbana

Sevastopol
Samsun
Sochi
Sevastopol

1 Istambul Turquía Istambul 13 624 240[2]
2 Odesa Ucraína Odesa 1 003 705
3 Samsun Turquía Samsun 535.401[3]
4 Sebastopol Ucraína Crimea 379,200
5 Sochi Rusia Krasnodar Krai 343,334
6 Varna Bulgaria Varna 334,870
7 Trebisonda Turquía Trebisonda 305,231[4]
8 Constanţa Romanía Constanța 283,872[5]
9 Novorosíisk Rusia Krasnodar Krai 241,952
10 Burgas Bulgaria Burgas 223,902[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Black Sea". guía do Mar Negro pola Universidade de Delaware (en inglés). Consultado o 39 de decembro do 2915. 
  2. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  3. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  4. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  5. Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Consultado o 2014-03-06. 
  6. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 

Véxase tamén

Outros artigos