Saltar ao contido

As Maus, Tosende, Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Maus

As Maus
ParroquiaTosende
ConcelloBaltar
Coordenadas41°55′41″N 7°49′19″O / 41.928, -7.822
Poboación35 hab. (2011)
[ editar datos en Wikidata ]

As Maus[1] ou Meaus[2] é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar. Segundo o INE[3] e o IGE[4] en 2011 tiña 35 habitantes (16 homes e 19 mulleres), tres menos ca en 2007 (19 homes e 19 mulleres nese ano segundo o INE) e 12 menos ca en 2000.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Se ben o Nomenclátor de Galicia indica a forma As Maus, a forma popular e propia é Meaus.[2] A orixe dun topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII.[5]

Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

  1. "Nomenclátor de Galicia: Tosende (San Lourenzo)". Xunta de Galicia.
  2. 1 2 Navaza, Gonzalo (2006). "Xentilicios na toponimia limiá". Lethes. Cadernos culturais do Limia (Xinzo de Limia) (7): 132–143, en 136. Citado en Pérez Costas, Paula; Paül Carril, Valerià (inverno 2010-11). "Unha proposta de dinamización turística para o Couto Mixto". Lethes. Cadernos culturais do Limia (Xinzo de Limia) (10): 22–55, en 28. ISBN 978-84-937158-3-0.
  3. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 15.novembro.2012.
  4. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Baltar - Tosende". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 15.novembro.2012.
  5. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización" (PDF). Revista Galega de Filoloxía (12): 11–35. ISSN 1576-2661.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Tosende

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Tosende no concello de Baltar (Ourense)

As Maus | Tosende

Parroquias de Baltar

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baltar

Abades (San Paio) | Baltar (San Bartolomeu) | Garabelos do Bouzo (Santiago) | Niñodaguia (San Lourenzo) | Texós (Santa María) | Tosende (San Lourenzo) | Vilamaior da Boullosa (Santa María)