Abades, Baltar
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abades.
| Abades | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | Baltar[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 41°54′34″N 7°47′45″O / 41.909408333333, -7.795925 |
| Poboación | 186 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Paio de Abades é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 205 habitantes (110 homes e 105 mulleres), 32 menos ca en 2000.
No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Baltar. En 1826 tiña 400 habitantes[2], e en 1846 tiña 276[3]. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Limia, pertencente á diocese de Ourense.
Cara ao sur, a través da Raia Seca, limita con Portugal, co concello de Montalegre.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Miñano Bedoya, S. (1826): Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal. Madrid: tomo 1, páx. 1 ("ABADES").
- ↑ Madoz, Pascual (1845). "ABADES". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 32.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Abades
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Abades no concello de Baltar (Ourense) | |
|---|---|
|
A Quinta | Sabucedo dos Peros | San Martiño dos Peros | San Paio |