Tosende, Baltar
Tosende | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Baltar[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°55′51″N 7°48′14″O / 41.93083333, -7.80388889 |
Poboación | 94 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Tosende é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 112 habitantes, deles 58 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial é do século XVIII. Ao seu redor hai nichos, recolocados logo dunhas obras en 2011[2].
Hai un peto de ánimas de 1853, a carón da estrada OU-311. Está estruturado en dous corpos e asentado sobre dúas bancadas. O corpo inferior ten forma de pedestal con plinto e un touro no zócolo, cornixa en gola e dado con inscrición do ano e a expensas de quen se fixo. O corpo superior está rodeado por un bocel e ten fornela de medio punto. A cornixa repousa sobre un arquitrabe intermedio, resaltando os volumes. Na coroa hai o pedestal dunha cruz.
O lugar das Maus pertenceu ao Couto Mixto até 1864. Nel hai unha capela.
Tosende na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista xeral da aldea de Tosende.
-
Vista da igrexa desde o sueste.
-
Inscrición na igrexa co texto AÑO D 1719.
-
Cruces e figura antropomorfa no muro da igrexa.
-
Vista traseira do peto de ánimas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Tosende
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Tosende no concello de Baltar (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Baltar
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Levantadas lápidas antiguas sin supervisión de Patrimonio", artigo en El País, 14 de maio de 2011 (en castelán).
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.