Río Limia
| |||||
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Zona Especial de Conservación do Río Limia | ||||
| Inicio | |||||
| División administrativa | Distrito de Viana do Castelo, Portugal, A Limia, España e A Baixa Limia, España | ||||
| Localización | Paradiña | ||||
| Final | |||||
| División administrativa | Portugal | ||||
| Localización | Distrito de Viana do Castelo | ||||
| Desembocadura | Océano Atlántico | ||||
| |||||
| Afluentes | Rio Caldo (pt) | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 108 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 370 km² | ||||
O río Limia (en portugués rio Lima) é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.
Curso
[editar | editar a fonte]Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na provincia de Ourense, atravesa o sur de Galiza, pasando por Sarreaus, Xinzo de Limia, Bande, Muíños, Lobios e entra en Portugal tras percorrer 41 km xunto á árida Serra da Peneda, baña Ponte da Barca e Ponte de Lima e desauga en Viana do Castelo. En total ten unha lonxitude de 108 km. Todo o seu curso, tanto en Galiza como en Portugal, atravesa rexións fértiles.
No curso galego atópase o encoro das Conchas,[1] que ten graves problemas de contaminación.[2]
Afluentes
[editar | editar a fonte]Historia
[editar | editar a fonte]Os romanos identificaron o río Limia co mitolóxico río Lethes. Tiña a propiedade quen atravesase este río mítico de esquecer cal era a súa orixe e ficaba a morar na súa ribeira. Conta Plinio, que o xeneral Décimo Xunio Bruto Galaico no 138 antes da era actual atreveuse a pasalo de primeiro e, dende a outra beira, comezou a citar os nomes dos seus soldados para disipar os seus temores. Á súa beira construíuse o campamento romano Aquis Querquennis.
Este relato histórico conmemórase en Xinzo de Limia tódolos anos na Festa do Esquecemento.
- Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive.[3][4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do río Lima.
-
Ponte Eifel, o río en Viana do Castelo.
-
Encoro das Conchas, situado entre Os Baños (Bande) e Muíños.
-
O río en Xinzo de Limia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mapa na web da CHMS
- ↑ "Los vertidos contaminantes tiñen de verde las aguas del embalse de As Conchas". Faro de Vigo (en castelán). 3 de xuño de 2025.
- ↑ Lorenzo Fernández 1973, p. 62.
- ↑ Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Limia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bilbiografía
[editar | editar a fonte]- Balboa Salgado, Antonio (1999). "O río Lethes: entre o mito e a historia". Lethes. Cadernos culturais do Limia (1): 6–13.
- Lorenzo Fernández, Xaquín (1973). Cantigueiro popular da Limia Baixa. Vigo: Galaxia. p. 62.
