Río Salas
Aparencia
| |||
| Tipo | río | ||
|---|---|---|---|
| Inicio | |||
| División administrativa | Montalegre, Portugal, Muíños, España, Baltar, España, Calvos de Randín, España e Lobios, España | ||
| Final | |||
| División administrativa | Distrito de Viana do Castelo, Portugal | ||
| Localización | Río Limia | ||
O río Salas é un río galego, afluente do Limia, que decorre en parte por territorio portugués. Nace entre Tosende e Vilamaior da Boullosa, no concello de Baltar, da xuntura do regato de Covas, o regato do Chao da Lama (ambos procedentes da serra da Raíña Loba, ao norte) e o regato do Castelo (procedente do contraforte máis setentrional da Serra da Pena, ao sur). Atravesa o territorio do antigo Couto Mixto e as freguesías de Randín e de Tourém, antes de ser encorado entre As Maus de Salas e Requiás, xa de novo en territorio español. Segue cara ao oeste polo concello de Muíños e desauga no río Limia en Araúxo, preto da capital municipal de Lobios, formando un brazo do encoro de Lindoso.