Atlas Lingüístico da Península Ibérica
O Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) é un proxecto de atlas lingüístico concibido en 1914 por Ramón Menéndez Pidal e encargado ó seu discípulo Tomás Navarro Tomás. O proxecto baseouse nuns cadernos de enquisa elaborados en 1930-31, e 3 equipos de enquisadores encargáronse de recoller os datos correspondentes a eses cadernos en 527 puntos de enquisa, xeralmente poboacións pequenas, previamente seleccionadas para cubrir do xeito máis completo posible todas as variantes lingüísticas da Península Ibérica, Rosellón e Baleares, agás a área de lingua éuscara. Non se incluíron as illas Canarias, as Azores nin Madeira. A meirande parte do traballo de enquisa realizouse entre 1931 e 1935, e o resto completouse entre 1947 e 1954.
Seguindo a metodoloxía habitual dos primeiros atlas lingüísticos, en cada punto de enquisa (vila ou aldea) escollíase un informador, preferíndose que fose natural do lugar, que tivese saído pouco del, que tivese pouca instrución e que fose de idade madura. Deste xeito esperábase recoller as características máis xenuínas da fala de cada lugar. A continuación pedíase ó informador que dese a expresión habitual no lugar para unha serie de palabras e frases (definidos na enquisa) e a súa resposta era copiada por medio de transcrición fonética. Esta transcrición é sumamente detallista, con niveis de diferenciación fonética moi superiores, por exemplo, ós do Alfabeto Fonético Internacional.
Os enquisadores foron os seguintes:
- Francesc de Borja Moll
- Aurelio Macedonio Espinosa
- Luís F. Lindley Cintra (que se incorporou na segunda fase das enquisas. O territorio portugués primeiramente en 1931 foi encomendado a Rodrigo de Sá Nogueira e a Armando Nobre de Guzmão)
- Armando Nobre de Gusmão
- Aníbal Otero
- Lorenzo Rodríguez-Castellano
- Manuel Sanchís Guarner
A partir dos resultados das enquisas, estaba previsto elaborar o Atlas propiamente dito, en 10 tomos, pero finalmente só o primeiro tomo viu a luz.
Desventuras do ALPI
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os traballos de enquisa tiveron que ser interrompidos a consecuencia da guerra civil española de 1936-39. Tomás Navarro Tomás tivo que exiliarse, e levou consigo os materiais do ALPI.
Un dos enquisadores, Aníbal Otero, foi acusado de espionaxe, aparentemente polo feito de usar signos de transcrición fonética nos seus cadernos de enquisa, e condenado a morte. Máis tarde foi amnistiado, e permaneceu en prisión ata 1941.
En 1951 os materiais foron devoltos a España, por mediación do CSIC, tras pactarse que se acabarían as enquisas pendentes e se publicaría o Atlas.
En 1962 publicouse o primeiro volume dos 10 previstos, pero suspendéronse inmediatamente os traballos, e xa non se publicaron máis volumes. Os cadernos de enquisa quedaron gardados dispersos en diversos lugares públicos e privados. Desde 1999, o profesor David Heap, da Universidade de Ontario Occidental, vén fotocopiando os cadernos e publicando os facsímiles na Internet.
En 2007 emprendeuse un proxecto internacional, coordinado polo Centro de Humanidades y Ciencias Sociales do Consello Superior de Investigacións Científicas, para elaborar unha edición dixital completa de todos os materiais recadados para o ALPI. O proxecto está coordinado pola investigadora do CSIC Pilar García Mouton e nel participan Inés Fernández-Ordóñez (Universidade Autónoma de Madrid - Real Academia Española), David Heap (University of Western Ontario), Maria Pilar Perea (Universidade de Barcelona), João Saramago (Centro de Linguística, Universidade de Lisboa) e Xulio Sousa (Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela).[1]
Rede de puntos do ALPI
[editar | editar a fonte]En Galicia
[editar | editar a fonte]
|
|
|
En Portugal
[editar | editar a fonte]En Asturias, a Rexión de León e Estremadura
[editar | editar a fonte]En Castela a Vella, o País Vasco, Castela a Nova e Albacete
[editar | editar a fonte]En Andalucía e Murcia
[editar | editar a fonte]En Navarra e Aragón
[editar | editar a fonte]
Navarra |
|
|
En Andorra, Rosellón, Cataluña, Rexión Valenciana e Baleares
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Na páxina do proxecto pode encontrarse información actualizada sobre o estado dos traballos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Mouton, Pilar (coord.), Inés Fernández-Ordóñez, David Heap, Maria Pilar Perea, João Saramago, Xulio Sousa, 2016, ALPI-CSIC, edición dixital de Navarro Tomás, Tomás (dir.), Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, Madrid, CSIC.
- Navarro Tomás, Tomás (1962). Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, I: Fonética. Madrid: CSIC.
- Sousa, Xulio, “Notas sobre o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica en Galicia” en M. Brea / F. Fernández Rei / X. L. Regueira (eds.): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2008, páxs. 299-306.
- Sousa, Xulio (2020). Humanidades digitales y geografía lingüística: la edición digital del Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. 139-158. En A. Gallego & Francesc Roca (eds.). 2020. Dialectología digital del español. Anexo de Verba. Santiago de Compostela: USC.
- Viudas Camarasa, Antonio (2003) "El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica y el dialectólogo Alonso Zamora Vicente", Actas do Congreso Internacional "La lengua, la Academia, lo Popular, los Clásicos, los Contemporáneos...", coord. por José Carlos Rovira Soler, Vol. 1, 2003, páxs. 285-300.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Proxecto de Elaboración e edición dos materiais do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI), Centro de Ciencias Humanas y Sociales, CSIC
- Blog sobre o ALPI
- Méthodologie comparée de l’ALPI
- Aragón en el ALPI, de Emili Casanova en Actas da III Trobada d'estudios e rechiras arredol d'a luenga aragonesa e a suya literatura Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine., páxs. 21-94.
- Notas sobre o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica en Galicia
- Linguistic Atlas of the Iberian Peninsula (ALPI): Progress and Perspectives (Dialectologia. Special Issue III. 2012)