Ricote
Ricote é un municipio español da Rexión de Murcia, pertencente á comarca do Valle de Ricote.
En 2014 tiña unha poboación de 1.398 habitantes, distribuídos na capital municipal e varias pedanías: La Bermeja, Berrandino, La Cuerda, Charrara, Ainás, Mahoma e Las Lomas.
Poboada dende a Prehistoria, a constancia escrita da súa existencia ven do século VIII, coa invasión musulmá da antiga Cora de Todmir.