Provincia de Logroño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antiga bandeira da Deputación Provincial de Logroño, actualmente en desuso.
Antiga provincia de Logroño na rexión histórica de Castela a Vella.

A Provincia de Logroño, actualmente denominada A Rioxa, foi unha provincia española que formaba parte da rexión histórica denominada Castela a Vella.

O territorio da actual comunidade autónoma formou parte durante o século XVIII das intendencias de Burgos e Soria, quedando incluída en 1810 case por completo na prefectura de Burgos, tras a división territorial proposta polo rei Xosé Bonaparte.

O 15 de outubro de 1821, as cortes decidiron dar á rexión a denominación de provincia do Reino de España, que pasaría a denominarse provincia da Rioxa, aínda que a medida quedou sen efecto por orde de Fernando VII. Non sería ata o Real Decreto de 30 de novembro de 1833, cando Javier de Burgos crease a división administrativa liberal definitiva, e fose a rexión recoñecida como provincia, pero coa denominación de provincia de Logroño.

Antes da actual autonomía da Rioxa, a provincia pertenceu brevemente ao Ente Preautonómico de Castela e León.

Reivindicacións para que fose denominada A Rioxa[editar | editar a fonte]

O deputado Tomás Ortiz de Solórzano y Ortiz de la Puente funda na cidade de Haro o 28 de agosto de 1931 o partido católico Acción Riojana integrado na CEDA. O tamén deputado deste grupo Ángeles Gil Albarellos reivindica a denominación en Diario de la Rioja.[1]

O nome dado á nova provincia non foi cuestionado durante case século e medio de vixencia. Son as formulacións de reforma administrativa do Estado, nacidos ao desaparecer a ditadura franquista, os que pon en marcha a reivindicación de que a provincia deixe de chamarse de Logroño e pase a denominarse da Rioxa.

En 1976 comezáronse a oír as primeiras reivindicacións dentro da polémica da rexionalización. Naquel momento, o diario Nueva Rioja realizou unha enquisa expondo a pregunta "Débese cambiar o nome da provincia. Logroño ou Rioxa?", que deu como resultado posicións atopadas e o comezo dun debate na Administración.

Tramitación e promulgación da lei de cambio de nome[editar | editar a fonte]

No primeiro semestre de 1977 comezaron a darse os primeiros trámites burocráticos para solicitar o cambio de nome da provincia. Para iso abriuse un Expediente no que se integraba como parte fundamental o Informe realizado polo Instituto de Estudos Rioxanos que xustificaba historicamente a modificación. Tras completarse a documentación o 22 de xullo de 1977, foi remitida ao Goberno Civil para que seguise o conduto legal cara ao Ministerio do Interior. O cambio de nome foise convertendo nun tema de máxima importancia nas reivindicacións autonómicas e rexionais.

A tramitación do cambio foise dilatando no tempo, provocando repetidas queixas contra a Administración.

Finalmente o 12 de setembro de 1980 o Congreso dos Deputados aprobaba a proposición de Lei do Senado pola que a provincia de Logroño pasaba a denominarse Provincia da Rioxa.

O día 15 de novembro de 1980 era promulgada a Lei 57/1980 sobre o cambio de nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Candidatura Católico-Agraria de 1933 estaba formada por: Tomás Ortiz de Solórzano e Ángeles Gil Albarellos (Acción Riojana) e Miguel de Miranda e Mateo (Tradicionalista).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]