Tarifa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
| Epónimo | Tarif ibn Malik (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
| Capital | Tarifa | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 18.613 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 419,67 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico e Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 7 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Santo padrón | Sebastián | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Juan Andrés Gil García Francisco Ruiz Giráldez | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 11380 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 11035 | ||||
| Sitio web | aytotarifa.com | ||||
Tarifa é un municipio situado no extremo meridional da provincia de Cádiz, ocupando a parte occidental da comarca do Campo de Xibraltar.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Dentro do seu termo municipal atópase o punto máis meridional da Península Ibérica, a Punta de Tarifa ou Marroquí, accidente xeográfico que se sitúa na Illa de Las Palomas, unida hoxe á propia cidade por medio dunha estrada-rúa, que serve de acceso ao faro que nela se sitúa.
O cabo ou Punta de Tarifa serve ademais de divisoria ás augas do mar Mediterráneo e do océano Atlántico, que se cruzan xusto enfronte da propia cidade, que polo tanto está situada na parte máis angosta da canle ou Estreito de Xibraltar, a unha distancia máxima de 14 quilómetros das costas marroquís, o que a converte na cidade europea máis próxima ao continente africano.
Tarifa posúe un termo municipal cuxa extensión é de 414,56 km², o que lle converte no máis extenso da comarca campoxibraltareña, achegando un 27,4% do marco territorial da mesma.
Tarifa linda ao leste cos termos municipais de Alxeciras e Los Barrios, ao norte con Medina-Sidonia, e ao noroeste con Vejer de la Frontera e Barbate. Os límites oeste, sur e sueste non son político-administrativos senón físicos, así ao oeste limita co océano Atlántico e ao sur e sueste co mar Mediterráneo.
Historia
[editar | editar a fonte]En Tarifa atópase máis de medio centenar de covas e abrigos con arte rupestre, pertencentes ao conxunto coñecido localmente como arte sureña. De todos estes xacementos destaca a Cueva del Moro con gravados de cabalos dunha antigüidade de 20.000 anos.
Contaba en 2007 con 17.736 habitantes.
