Adamuz
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Córdoba | ||||
| Capital | Adamuz | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.100 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 334 km² | ||||
| Altitude | 240 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Rafael Ángel Moreno Reyes | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 14430 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 14001 | ||||
| Sitio web | adamuz.es | ||||
Adamuz é un concello andaluz situado na provincia de Córdoba entre Serra Morena e o Guadalquivir.[1] O municipio atópase na comarca do Alto Guadalquivir[2] e pertence ao partido xudicial de Montoro. Atópase a unha altitude de 240 msnm[3] e a uns 32 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 333,8 km².[3] No ano 2024, tiña 4 088 habitantes[4] e unha densidade de poboación de 12,2 hab./km².
Demografía
[editar | editar a fonte]| Evolución demográfica[5] | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2010 | 2011 | 2015 | 2020 | 2025 |
| 4.466 | 4.440 | 4.453 | 4.465 | 4.451 | 4.455 | 4.423 | 4.397 | 4.443 | 4.476 | 4.469 | 4.414 | 4.467 | 4.317 | 4.137 | 4.100 |
Historia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Accidente ferroviario de Adamuz.
As primeiras pegadas humanas dentro do termo de Adamuz proveñen de finais do V milenio a. C. e aparecen en diferentes covas con xacementos arqueolóxicos, como os da cova de Cañaveralejo, xunto con restos humanos e cerámicos. Durante o período da Hispania romana, Adamuz pertencía ao termo de Sacilis Marcillus, na leira de Alcorrusen, pertencente ao concello de Pedro Abad, como se pode deducir das inscricións romanas aparecidas.[6][7]
Hai poucos datos de época visigoda ou musulmá, aínda que o nome actual provén desta época na que aparece como Adamuz ou Alamuz.
Na Idade Media, debeu ser lugar de pousada e descanso do camiño de Córdoba a Toledo, denominado Camiño Real da Prata. Desde 1260, Adamuz pertencía á xurisdición de Córdoba, cuxo Concello nomeaba os alcaldes e funcionarios. En máis dunha ocasión, algúns dos títulos e "ricos" de Castela intentaron usurpar o Señorío de Adamuz; proba diso é a Comisión conferida en 1469 polo rei Henrique IV de Castela ao Mestre de Santiago e ao bispo de Sigüenza para garantir que o conde de Cabra, Martín Alonso de Sotomayor e Fernán Pérez, o seu irmán, por unha banda e a cidade de Córdoba pola outra, celebrasen un concordato para que devolvesen a esta cidade varias fortalezas que lle foran usurpadas, sendo unha delas a de Adamuz, que segundo os acordos ía ser demolida. Tamén hai constancia da visita a esta vila polos Reis Católicos.
Noventa e sete anos despois, en 1566, o rei Filipe II vendeulla a Luís Méndez de Haro e Sotomayor, Comendador maior de Alcañiz, indemnizando á cidade de Córdoba cun xuro perpetuo de 16.000 marabedís.[8] Desde aquela época, esta vila pertenceu á casa e estado dos marqueses de Carpio, non por dereito destes, senón porque Haro e Sotomayor tiña por esposa a Beatriz de Haro, que era a propietaria do Marquesado.
Como señor desta vila, Luis Méndez de Haro e Sotomayor, cuxo pai favorecera moito ao avó de Cervantes, que era cordobés e estivera en Adamuz extraendo aceite e trigo para as galeras, cunha alta vara de xustiza como comisario, nos anos 1591-1593.
Da época contemporánea de Adamuz hai pouca documentción pois durante o período 1936-1939 o seu arquivo histórico, que databa do século XIII, foi case completamente destruído, así como o seu patrimonio artístico e cultural.
Convento de san Francisco del Monte
[editar | editar a fonte]A sete quilómetros da vila, está o Convento de San Francisco del Monte e do que só quedan as súas ruínas. Fundado por Martín Fernández de Andújar, a súa fundación foi confirmada desde Aviñón (Francia), polo papa Clemente VII a petición dos reis Henrique e Catalina, con data do 6 de maio de 1394. Nos séculos XV e XVI, tivo lugar a reforma e ampliación levada a cabo por Luís Mendéz de Sotomayor, patrón do convento, sendo depositados nel os restos da súa esposa. No ano 1583 era gardián e mestre de novizos no convento de San Francisco Solano. Durante 1624, con motivo da súa participación nunha caza, o rei Filipe IV visitou o convento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Situación y coordenadas, Instituto de Estadística de Andalucía. (Consultado o 11 de decembro de 2012).
- ↑ Mancomunidad del Alto Guadalquivir Arquivado 13 de decembro de 2012 en Wayback Machine.. (Consultado o 11 de decembro de 2012).
- 1 2 Adamuz, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Junta de Andalucía. (Consultado o 11 de decembro de 2012).
- ↑ "Andalucía pueblo a pueblo - Fichas Municipales. Adamuz". juntadeandalucia.es (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Cifras oficiales de población de los municipios españoles en aplicación de la Ley de Bases del Régimen Local (Art. 17). Adamuz". ine.es (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Historia de Adamuz". adamuz.es (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El pasado romano de Ademuz". historiayculturadeadamuz.blogspot.com (en castelán). agosto de 2014. Consultado o 19 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Historia de Adamuz". sierramorenacordobesa.com (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adamuz |
- Ayuntamiento de Adamuz
- Adamuz, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
- Mancomunidad del Alto Guadalquivir
