Cuevas de San Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°16′01″N 4°25′03″O / 37.2669396, -4.4176103

Cuevas de San Marcos é un municipio da provincia de Málaga (Andalucía), pertencente á rexión do nordeste de Málaga. A súa poboación é de ao redor de 4000 persoas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Esténdese sobre unha superficie duns 37,50 km². Está situada sobre a comarca de Antequera, confinando coa provincia de Córdoba, desde o val do río Genil[1] ata a Serra de Malnombre e o Camorro de Cuevas Altas. Este municipio atópase a unha altitude de 420 metros sobre o nivel do mar. É un concello de actividade agrícola, con predominio do cultivo da oliveira e da produción de aceite chamada "Hojiblanca".

O seu nome provén do seu santo patrón, o evanxelista San Marcos e a súa famosa cova "Belda".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Guía Turística de Cuevas de San Marcos". www.malaga.es (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  2. "Cueva de Belda - Ayuntamiento de Cuevas de San Marcos". www.cuevasdesanmarcos.es. Consultado o 11 de xullo de 2019.