Agullana
Agullana | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | ![]() | |
Comarca | Alt Empordà | |
Xeografía | ||
Altitude | 166 msnm | |
Superficie | 27,72 km² km² | |
Demografía | ||
Poboación | 853 hab. | |
Densidade | 30,77 hab/km² | |
Xentilicio | Agullanenc, agullanenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 17707 | |
Alcalde | Alfons Quera i Carré (ERC) | |
http://www.agullana.cat/ |
Agullana é un concello catalá situado na comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. Segundo o INE, no 2013, o concello tiña 853 habitantes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O pobo, situado na confluencia do río Guilla, está a 5 quilómetros da Jonquera e a 24 quilómetros de Figueres. O termo municipal de Agullana limita coas comarcas de Vallespir, a Jonquera, Capmany, Darnius e o Vajol. O territorio de Agullana esténdese pola zona occidental da serra do Albera. Na parte norte hai sobreirais e aciñeirais, con presenza de castiñeiros nas zonas de máis altura.
Demografía[editar | editar a fonte]
Entidade de poboación | Poboación (2011) |
---|---|
Agullana | 761 |
L'Estrada | 78 |
Historia[editar | editar a fonte]
O concello de Agullana foi ocupado dende os tempos da Prehistoria. Nel existen catro monumentos megalíticos: dous dolmens e dous menhires.
A primeira referencia documental de Agullana atópase no ano 1019, co nome de Aguliana, nun documento no que o bispo Pere Rotger cede a Ecclesiam Sanctae Mariae de Aguliana na Canónica de Xirona.
Agullana formou parte dos dominios do vizcondado de Rocabertí. A mediados do século XVIII comezouse a desenvoler a industria da cortiza. No momento de máximo esplendor, a principios do século XX, a vila tiña 40 fábricas que se dedicaban a esta industria das que hoxe só queda unha.