Cadaqués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′19″N 03°16′40″L / 42.28861, -3.27778

Vista de Cadaqués.

Cadaqués é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Alt Empordà. É a localidade máis oriental da península Ibérica, ocupando a maior parte da costa de levante da península do cabo de Creus.

Tiña en 2015 unha poboación de 2.840 habitantes.

Os principais lugares de interese son a Torre de sa Fusta des Baluard (actual Casa da Vila), as ruínas do castelo de Sant Jaume, a Casa-Museo Salvador Dalí de Portlligat, o Museo de Cadaqués e a Galería Cadaqués.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]