El Coronil
Coordenadas: 37°05′N 05°38′O / 37.083, -5.633
El Coronil | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vista de El Coronil. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | ![]() | ||
Provincia | ![]() | ||
Comarca | Sierra Sur de Sevilla | ||
Xeografía | |||
Altitude | 117 msnm | ||
Superficie | 91,64 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 4.717 hab. (2020) | ||
Densidade | 52,71 hab./km² | ||
Xentilicio | coronileño | ||
Outros datos | |||
Código postal | 41760 | ||
Alcalde | José López (PSOE) (2019) | ||
www.arahal.es |
El Coronil é un concello andaluz da provincia de Sevilla.
Xeografía[editar | editar a fonte]
No ano 2007 contaba con 5045 habitantes. A súa extensión superficial é de 92 km² e ten unha densidade de 54,8 hab./km². Atópase situada a unha altitude de 117 msnm e a 53 quilómetros da capital provincial, Sevilla.
O seu alargado termo municipal crúzano entre outras correntes, o río Guadalete e o arroio Salado. O núcleo urbano localízase na parte norte do termo e está bordeado pola estrada A-376. O xentilicio dos seus habitantes é o de coronileños.
Historia[editar | editar a fonte]
Os vestixios arqueolóxicos máis antigos que se coñecen corresponden ao Calcolítico. Desa etapa é un dolmen que se acha enterrado nas inmediacións da zona coñecida como "El Calvario". Tamén existen no seu termo asentamentos do Bronce Final e os restos romanos son moi numerosos, aínda que a distribución xeral da súa parte antiga pertence ao século XV, xusto logo da súa fundación en 1381.
Digno de mención na historia da vila é o esplendor do século XVIII grazas á potente industria manufactureira dos produtos agrícolas que se daban na zona. El Coronil foi berce de personaxes relevantes no ámbito empresarial e político por exemplo a familia Candau. Na década de 1950 chegaron a constar no censo uns 10.000 habitantes. Desde entón e ata hoxe esta cifra foi descendendo progresivamente.
Monumentos[editar | editar a fonte]
- Igrexa de Nuestra Señora de Consolación
- Castelo das Aguzaderas
- Castelo da Villa
- Antiga Casa Palaciana de D. Diego Quebrado (Actual Casa da Cultura)
- Casa brasonada. Rúa Ricardo Candau nº 4
- Capela da Virxe dos Remedios
- Capela da Vera Cruz
- Capela do Calvario
- Castelo das Aguzaderas
- Casa de "la Marcela"
- Casa solariega da rúa Real-Praza Vieja
- Torre de almazara
- Pozo del Morisco
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Coronil |
- Página web con información sobre El CoronilArquivado 04 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
- El Coronil - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- Patrimonio cultural de El Coronil na Base de datos do Patrimonio Inmoble de Andalucía. IAPH