Vega de Pas
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
| Capital | Vega de Pas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 776 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 87,5 km² | ||||
| Altitude | 358 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Juan Carlos Carcía Diego (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 39685 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 39097 | ||||
| Sitio web | vegadepas.com | ||||
Vega de Pas é unha localidade e concello da comunidade autónoma de Cantabria, na comarca do Pas-Miera, na cabeceira do río Pas.
Localidades
[editar | editar a fonte]Os seus 909 habitantes (INE, 2006) distribúense por:
- Candolías, 123 hab.
- La Gurueba, 82 hab.
- Guzparras, 22 hab.
- Pandillo, 173 hab.
- Vega de Pas (Capital), 311 hab.
- Yera, 133 hab.
Municipios limítrofes
[editar | editar a fonte]Limita polo norte con Selaya, Villacarriedo e Santiurde de Toranzo, polo oeste con Luena e San Pedro de Romeral, polo leste con San Roque de Riomiera e polo sur con Espinosa de los Monteros da Provincia de Burgos (Castela e León).
Economía
[editar | editar a fonte]Predomina o sector primario, cun 44,9 % da poboación empregada na agricultura e a gandería. Un 14,6 % da poboación emprégase na construción, un 10,8 % na industria e, por último, un 30,4 % no sector servizos.

Patrimonio
[editar | editar a fonte]Os Edificios na leira do doutor Madrazo son Bens incluídos dentro do Inventario Xeral de Cantabria, segundo resolución publicada no Boletín oficial de Cantabria de 17 de febreiro de 2003.
Demografía
[editar | editar a fonte]| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.066 | 2.015 | 2.059 | 2.032 | 2.072 | 1.897 | 1.858 | 1.493 | 1.343 | 1.293 | 1.004 | 916 |
Fonte: INE
Administración
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vega de Pas |
