El Bosque, Cádiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Bosque, Cádiz
Escudo de El Bosque.svg
ElBosque-P1050286.JPG
Localización
Map of El Bosque (Cádiz).png
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaCádiz
ComarcaSerra de Cádiz
Xeografía
Altitude298 msnm
Superficie30,75 km²
Demografía
Poboación2.102 hab. (2009)
Densidade68,36 hab./km²
XentilicioBosqueño/a
Outros datos
Código postal11670
AlcaldeAntonio Ramírez Ortega (PSOE) (2007)
www.comune.roma.it

Coordenadas: 36°45′N 5°30′O / 36.750, -5.500 El Bosque é un municipio español do norte da provincia de Cádiz en Andalucía e situada á beira do río Majaceite.[1] No 2008, tiña 2.058 habitantes. A súa extensión superficial é de 31 km² e atópase a 101 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Áchase na ribeira do río Majaceite, nos contrafortes da serra de Albarracín. Forma parte da Ruta dos pobos brancos e do Parque Natural Serra de Grazalema. Actualmente vive do turismo, fabricación de embutidos, queixos e industrias de gran tradición como a marroquinería e a fabricación de mobles artesáns.

Historia[editar | editar a fonte]

A poboación fúndase no século XVI, cando se constrúen casas para os criados do duque de Arcos (Rodrigo Ponce de León a quen os Reis Católicos lle deran este territorio en pago pola súa reconquista de distintas localidades. Estas casas edificáronse nas proximidades do palacio de Marchenilla, residencia de caza do citado duque. Estes mesmos serventes edificaron despois a igrexa da Nosa Señora de Guadalupe, nome que posteriormente adquiriría a poboación. Como vila naceu oficialmente en 1815 grazas a unha Cédula Real de Fernando VII que se concedeu pola heroica resistencia da poboación fronte ao invasor francés.

Vista xeral.
Casa do Concello.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Descubre el pueblo gaditano El Bosque". Descubre Cádiz. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 25 de xuño de 2021.