Distrito de Santarém

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distrito de Santarém
Localización do Distrito de Santarém

O distrito de Santarém é un distrito de Portugal, que conforma o núcleo principal da provincia tradicional do Ribatexo, incluíndo tamén concellos pertencentes á Beira Baixa e á Beira Litoral. Limita ao norte co Distrito de Leiria e o Distrito de Castelo Branco, ao leste co Distrito de Portalegre, ao sur co Distrito de Évora e o Distrito de Setúbal e ao oeste co Distrito de Lisboa e o Distrito de Leiria. Abrangue unha área de 6747 km², sendo así o 3º maior distrito portugués. Conta cunha poboación de 445.599 habitantes (2006) e a súa capital é a cidade de Santarém.

O distrito de Santarém subdivídese nos seguintes 21 concellos:

Até 2002, o distrito integrábase case totalmente na rexión de Lisboa e Val do Texo, coa excepción de Mação, o único concello que pertencía á rexión Centro e á subrexión do Pinhal Interior Sul. Os restantes concellos constituían dúas subrexións de Lisboa e Val do Texo: Texo Medio e Lezíria do Texo.

Na actual división de Portugal en NUTS II, despois da redefinición das fronteiras e renomeamento da rexión de Lisboa e Val do Texo, o distrito pasou a repartirse entre as rexións Centro e Alentexo. Da Rexión Centro forman parte agora as subrexións do Texo Medio e Pinhal Interior Sul, e ao Alentexo pertence a subrexión da Lezíria do Tejo.

En resumo:

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]