Maó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°53′21″N 4°15′49″L / 39.88917, -4.26361

Maó
Bandera de Mahón (Islas Baleares).svg
Escudo de Mahón (Islas Baleares) 2.svg
Maó.jpg
Vista aérea da cidade.
Localización
Localització de Menorca respecte les Illes Balears.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaIllas Baleares Illas Baleares
ProvinciaIllas Baleares Illas Baleares
IllaMenorca
Xeografía
Altitude72 msnm
Superficie117,20 km²
Demografía
Poboación29 592 hab. (2020)
Densidade252,49 hab./km²
XentilicioMaonés/a
Outros datos
Código postal07700 - 07714
AlcaldeHéctor Pons (PSOE)
www.ajmao.org

Maó[1] (oficialmente en catalán Maó)[2] é unha cidade balear, capital administrativa da illa de Menorca, a segunda en tamaño das illas Baleares, sede do Consello Insular de Menorca. Comprende un concello cunha área de 116,98 km², no que segundo datos do ano 2020, vivían 29 592 habitantes.

Nome oficial[editar | editar a fonte]

Centro da vila de Maó

Consonte o publicado no BOE de 6 de setembro de 2006, que recolle o acordo adoptado polo Consello Insular de Menorca a data de 27 de febreiro do mesmo ano, Maó converteuse na única forma oficial deste topónimo menorquín para todos os efectos e substituíu á forma castelá oficial até aquela altura: Mahón.

O acordo referido baséase nas normas ortográficas vixentes para o catalán, que só manteñen a grafo /h/ naqueles casos nos que haxa un precedente etimolóxico, o que non sucedía para este topónimo, derivado dunha forma latina Magon. Da mesma maneira se suprimira noutros topónimos como Vic, antes grafado Vich. O 25 de marzo de 2013, logo da derrogación da Lei da Función Pública e a modificación da Lei de Normalización Lingüística, o pleno municipal gobernado polo PP aprobou a denominación oficial de Maó-Mahón[3]que se reverteu en 2021 para volver a Maó como única forma oficial.

Situación xeográfica[editar | editar a fonte]

A cidade de Maó sitúase no leste da illa de Menorca, e ao fondo do porto de Maó. É o concello máis oriental de toda España. As súas coordenadas son: 39° 53′ 21″ N e 4° 15′ 49″ E. Acada uns 72 metros de altura, pero como a cidade se estende até o porto, ten importantes desniveis.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista do porto de Maó

Maó áchase localizado sobre un porto natural do Mediterráneo occidental. Foi fundado por un dos xenerais cartaxineses e irmán de Aníbal, Magón, polo que os romanos, unha vez que a anexionaron, chamárona Portus Magonis. Pasou a mans dos romanos e, coa caída do Imperio Romano, ocupárona vándalos e bizantinos. Logo sufriu frecuentes ataques dos normandos e musulmáns, ata que finalmente, no ano 903, foi conquistada e anexionada ao Califato de Córdoba. En 1287 conquistouna o rei Afonso III de Aragón. Posteriormente, en 1535, Maó sufriu un gran saqueo por parte dos corsarios de Barbarroja. Baixo o reinado de Filipe II iniciouse a construción do forte de San Filipe, deseñado por Juan Bautista Calvi, na bocana sur do porto de Maó. Tratouse dunha das obras de enxeñería militar máis impoñentes da época e reputada como inexpugnable.

Maó sufriu máis cambios de soberanía. Capturada polos británicos en 1708 durante a Guerra de Sucesión Española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Ciutadella, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía. Durante as diversas conquistas e reconquistas de Menorca que se sucederon durante o século XVIII o castelo de San Filipe foi mandado demoler polo rei Carlos III, quen razoou que se tal xoia da enxeñería militar deixaba de existir, os ingleses deixarían de apetecer Menorca. O resultado foi que cando os ingleses intentaron de novo reconquistar Menorca desembarcando en Cala Mesquida, non había ningunha fortificación para opórselles e puideron tomar a illa sen baixas. Posteriormente e xa no século XIX, edificouse outra impoñente edificación, esta na parte norte da bocana do porto, a Fortaleza da Mola.

Porto de Maó

Actualmente, a cidade caracterízase pola súa grande actividade económica, a maior parte dela destinada ao turismo.

Transporte[editar | editar a fonte]

Aeroporto[editar | editar a fonte]

A cidade conta cun aeroporto civil e militar situado a 4 km ao leste do centro da cidade, o aeroporto de Menorca. Este aeroporto ten conexións diarias coas cidades principais da península (Madrid, Barcelona etc.), coas outras illas (Palma e Eivissa) e coas principais cidades do Reino Unido e Alemaña.

Na actualidade existen voos entre o aeroporto de Maó e diversas cidades dos Países Baixos, Francia e Bélxica, como son París-Charles de Gaulle coa compañía Easy Jet, Marsella e Niza con Iberia Rexional Air Nostrum, Toulon, Ámsterdan con Arkefly e Transavia e Bruxelas con Jetair Airlines e Brussels Airlines, algunhas como a ruta a Niza ou Marsella establecidas no verán de 2011.

Festividades[editar | editar a fonte]

Entre o 6 e o 9 de setembro celébranse as festas patronais de Gràcia, en honra á Mare de Déu de Gràcia. Estas comezan co pregón a noite do 6, continuando co tradicional balbordo do 7 pola tarde e o 8 pola mañá. Paralelamente celébranse moitas actividades, como fogos artificiais, carreiras de cabalos e verbenas. O día 9 a festa vira contorna ao porto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Maonés.
  2. "L'Ajuntament de Maó restitueix el topònim en català com a única forma oficial vuit anys després". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2021-02-28. 
  3. "Maó passa a dir-se 'Maó-Mahón', Vilaweb, 25 de marzo de 2013". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]