Quart de Poblet
Quart de Poblet | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | España | |
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |
Provincia | Valencia | |
Comarca | L'Horta Oest | |
Xeografía | ||
Altitude | 40 msnm | |
Superficie | 19,70 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 25.441 hab. (2008) | |
Densidade | 1.291,42 hab./km² | |
Xentilicio | Cuartá | |
Outros datos | ||
Código postal | 46930 | |
Alcalde | Carmen Martínez Ramírez (PSPV) | |
www.quartdepoblet.es/ |
Quart de Poblet (en valenciano e oficialmente Quart de Poblet) é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Horta Oest. Limita con Aldaia, Xirivella, Manises, Mislata e Paterna (da Horta de Valencia); con Xiva (Foia de Bunyol), Riba-roja de Túria (Camp de Túria) e a cidade de Valencia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situado entre a Horta Sud valenciana e a chaira de Quart. A superficie do termo é completamente cha. O río Turia cruza o termo polo norte e polo oeste circula a rambla del Poyo. O clima é mediterráneo, con choivas no outono e primavera; os ventos dominantes son os do oeste e o leste.
Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia.
Infraestrutura viaria e accesos[editar | editar a fonte]
Os principais eixes de tráfico rodado situados ao oeste da área metropolitana de Valencia atravesan o termo municipal de Quart de Poblet. Así, tanto o casco urbano como os numerosos polígonos industriais están conectados por autovía con municipios circundantes e outras estradas de gran capacidade.
- A autoestrada A-3 Autoestrada do Leste -antiga N-III- discorre lonxitudinalmente ao sur de Quart e proporciona tres accesos, un dos cales enlaza co aeroporto.
- A autoestrada V-30 de circunvalación, paralela á nova canle do río Turia, traza unha liña diagonal entre o noroeste e o sueste da localidade, mentres que a estrada V-11 serve a Quart e conéctaa coa terminal do aeroporto de Valencia. Outras estradas locais, como a CV-408 e a CV-31, serven de nexo, aínda que fragmentado polas instalacións industriais, con núcleos veciños.
Ademais, diversas liñas de Metrobús conectan Quart de Poblet con Valencia e outras localidades.
Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]
No concello de Quart de Poblet atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Quart de Poblet
- Barri Sant Jeroni
- Barri del Crist
- Barri Sant Josep
- Capellans
- Porta
- Sant Josep Artesà
Demografía[editar | editar a fonte]
Quart de Poblet conta cunha poboación de 25.441 habitantes (INE 2008).
Un 5,5% da poboación de Quart de Poblet é da inmigración (INE 2007).[1]
Evolución demográfica de Quart de Poblet[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2007 | 2008 | |||
1.674 | 1.921 | 1.814 | 2.263 | 2.644 | 3.152 | 3.993 | 5.408 | 10.571 | 20.529 | 27.409 | 27.404 | 27.112 | 25.739 | 25.430 | 25.340 | 25.441 |
Economía[editar | editar a fonte]
Os cultivos principais son de regadío: laranxeiras, pereiras, hortalizas, cebolas, patacas etc. En terras de secán culítivanse cereais, vide, alfarrobeiras e oliveiras.
Las industrias tradicionais son téxtiles, refractarios, cerámica etc.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fuente: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ajuntament de Quart de Poblet
- Agrupació Musical L'Amistat
- Federación Valenciana de Municipios e Provincias - Guía Turística
- Metrobús Liñas de autobús, horarios (web da Entidade de Transporte Metropolitano de Valencia)
- Banda Falla Marqués Solferit[Ligazón morta]