Pinofranqueado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPinofranqueado
Imaxe

Localización
Mapa
 40°18′14″N 6°19′53″O / 40.303888888889, -6.3313888888889Coordenadas: 40°18′14″N 6°19′53″O / 40.303888888889, -6.3313888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Cáceres Editar o valor em Wikidata
CapitalPinofranqueado (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.749 (2023) Editar o valor em Wikidata (11,75 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie148,9 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude760 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataVanessa Martin Alonso (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10630 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE10146 Editar o valor em Wikidata

Sitio weblashurdes.org Editar o valor em Wikidata

Pinofranqueado é un concello español, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado na comarca de Las Hurdes, ao norte da provincia de Cáceres, sendo o concello máis poboado da comarca.

Esta poboación da comarca das Hurdes está situada ao norte da provincia, na vertente sur da Pena de Francia ao final do val formado polo río Esperabán na súa confluencia co río de Los Ángeles, afluente do río Alagón xa no encoro de Gabriel e Galán na vertente atlántica, ao sur de Serra da Corredera e ao leste da Serra de Gata.

Historia[editar | editar a fonte]

Os diferentes núcleos de poboación (chamados alquerías na zona) que forman o concello apareceron como consecuencia do establecemento de residencias para pastores. Algunhas destas alquerías comezan a ser mencionadas en documentos desde 1199.[1]

Coa caída do Antigo Réxime a localidade, constitúese en concello.

Os reis Afonso XIII e Xoán Carlos I visitaron Pinofranqueado en 1922 e 1998 respectivamente, en cadansúas visitas á comarca.

Turismo e cultura[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Nuestra Señora de la Encina, en Pinofranqueado, dos séculos XVII e XVIII.
  • Ermida do Cristo da Saúde, do século XVIII.
  • Ruínas do convento franciscano, en Ovejuela.
  • Petróglifos do Neolítico, repartidos por todo o territorio municipal.
  • Centro de Interpretación do Mel, en Ovejuela.
  • É de especial interese o turismo rural, con rotas sendeiristas polo concello, coma a da fervenza de Ovejuela.

Festas[editar | editar a fonte]

O concello é famoso pola festa de La Enramá, que se celebra a última fin de semana de agosto.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación do concello dende 1900 ata 2008:

Alquerías[editar | editar a fonte]

Como outros concellos da zona a súa poboación está dispersa, entre o núcleo principal, onde se sitúa o pazo do concello e outras localidades, chamadas alquerías.

Nome oficial Pob. (2010)
Pinofranqueado 1.023
Aldehuela 29
Avellanar 12
Castillo 87
Las Erías 81
Horcajo 66
Mesegal 45
Muela 69
Ovejuela 100
Robledo 58
Sauceda 84
TOTAL 1.654

Infraestruturas e servizos[editar | editar a fonte]

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A principal estrada que cruza o concello é a autonómica EX-204, de Salamanca a Coria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ayuntamiento de Pinofranqueado (ed.). "Un poco de historia". Consultado o 18 de agosto de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]