Vila do Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°9′0″N 8°36′40″W / 41.15000°N 8.61111°W / 41.15000; -8.61111

Vila do Conde
Pt-vcd3.png VCD1.png
Vila do Conde 2.jpg
Centro de Vila do Conde
Situación xeográfica
LocalVilaDoConde.svg
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Norte
Subrexión Grande Porto
Distrito Porto
Xeografía
Altitude 49 msnm
Superficie 149,31 km²
Poboación
Poboación 79 533 hab. (2011)
Densidade 496,92 hab/ km2
Xentilicio vila-condense ou vilacondense
Información
Código postal 4480
Alcalde Mário Almeida (PS)
Páxina web www.cm-viladoconde.pt

Vila do Conde é unha cidade portuguesa no Distrito do Porto, rexión Norte e sub-rexión do Grande Porto, con 28 636 habitantes en 2011. Pertence á Grande Área Metropolitana do Porto. Vila do Conde é sede dun municipio con 149,31 km² de área e 79 533 habitantes (en 2011), subdividido en 30 freguesías. O municipio limita ao norte co municipio da Póvoa de Varzim, ao leste con Vila Nova de Famalicão e ao sur por Maia e por Matosinhos e ao oeste ten litoral no océano Atlántico.

Localizada na marxe norte da foz do río Ave, Vila do Conde é un importante centro industrial, porto de pesca e zona balnearia e turística, configurando un dos principais e máis procurados centros de balneario de Portugal. A cidade fai parte do mesmo aglomerado urbano que a Póvoa de Varzim.

Historia[editar | editar a fonte]

A rúa da Igrexa, centro histórico de Vila do Conde.

A poboación de Vila do Conde e moi antiga, anterior á fundación de Portugal, e o seu topónimo non sufriu alteracións, dende sempre foi Vila do Conde. A primeira referencia a Vila do Conde é do ano de 953 da era actual no libro da condesa Mumadona Dias onde é referida como Villa de Comite.

Manuel I de Portugal concedeulle eido foral en 1516 e a poboación da vila participa activamente nos descobrimentos portugueses, entre eles Paulo e Francisco Faria na viaxe de Vasco da Gama á India. A Praça Nova, hoxe Praça Vasco da Gama, foi aberta en 1538, no reinado de João III de Portugal, onde foron edificados novos edificios para os Pazos do Concello. No século XIX, as invasións francesas causarán grandes danos á poboación. En 1987 é elevada á categoría de cidade.

Freguesías[editar | editar a fonte]

LocalFregVilaDoConde new2.jpg
Flag of Portugal.svg As 30 freguesías de Vila do Conde
1. Arcos
2. Árvore
3. Aveleda
4. Azurara
5. Bagunte
6. Canidelo
7. Fajozes
8. Ferreiró
9. Fornelo
10. Gião
11. Guilhabreu
12. Junqueira
13. Labruge
14. Macieira da Maia
15. Malta
16. Mindelo
17. Modivas
18. Mosteiró
19. Outeiro Maior
20. Parada
21. Retorta
22. Rio Mau
23. Tougues
24. Touguinha
25. Touguinhó
26. Vairão
27. Vila Chã
28. Vila do Conde
29. Vilar
30. Vilar de Pinheiro

Poboación[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Irmandada[editar | editar a fonte]

  • Galicia Ferrol
  • Francia Le Cannet Rocheville
  • Flag of Portugal.svg Portalegre

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]