Carrizo (paxaro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carrizo
Troglodytes troglodytes
Carrizo en Alemaña
Carrizo en Alemaña
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Troglodytidae
Xénero: Troglodytes (disputado)
Subxénero: 'T. (Nannus)'
Especie: T. troglodytes
Nome binomial
'Troglodytes troglodytes'
(Linnaeus, 1758)
Amarelo claro: Verán Amarelo escuro: Residente Laranxa: Inverno

Amarelo claro: Verán
Amarelo escuro: Residente
Laranxa: Inverno
Sinonimia

Nannus troglodytes

Troglodytes troglodytes

A carriza ou carrizo[2] (Troglodytes troglodytes) é un paxaro de aspecto arredondado e moi pequeno (o terceiro máis pequeno dos que viven en Europa). Esta especie é o único representante en Eurasia da familia dos trogloditas (Troglodytidae). Son aves insectívoras que cantan mesmo no inverno e fan niños moi traballados.

Descrición[editar | editar a fonte]

Teño andado moito á caza,
nunca vin unha carriza;
non sei se era polos cans
ou pola miña preguiza.

—Popular[3]

Como tódolos representantes do xénero Troglodytes, é un paxaro de feitura arredondada, que adoita leva-la cola erguida. As carrizas teñen un bico afiado e lixeiramente curvo, castaño escuro na parte superior e amarelo na inferior. Na xunta do bico teñen plumas a xeito de peliños. Os ollos teñen o iris de cor acastañada. A plumaxe é castaña avermellada na parte superior do corpo e máis da cor do ante por embaixo. Teñen unha lista superciliar de cor crema, pouco definida, que acaba na zona dos oídos, que é escura. Sobre da cola, as alas e os flancos teñen debuxos de liñas ondeantes de cor castaña escura. A cor dos pes varía entre a da carne e o acastañado. Non amosan dimorfismo sexual, por ben que as ás dos machos adoitan ser algo máis longas cás das femias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Troglodytes troglodytes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 July 2012. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Carrizo.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 31. ISBN 84-7154-379-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]