Merza, Vila de Cruces
| Merza | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello: | Vila de Cruces |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2004) 524 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 10 |
Santa María de Merza é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 524 habitantes (272 homes e 252 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 549 habitantes.
Índice |
[editar] Hidrografía
O río Toxa crea ao seu paso por Merza, ao desembocar no río Deza, unha das fervenzas máis importantes de Galicia, a fervenza do Toxa. Á beira deste río atópase o mosteiro de Carboeiro, considerado un dos mellores expoñentes do románico galego.
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial conserva elementos da primitiva fábrica románica, da segunda metade do século XII. A ábsida semicircular, dividida ao exterior en tres partes por dúas semicolumnas apoiadas, cunha fietra saetera no central; a arquivolta tórica en semicírculo peraltado da porta principal; o arco trunfal, a bóveda de canón e algúns canzorros.
O seu pasado fidalgo queda reflectido no Pazo da Torre, con escudo, chimeneas e contorno arbolado; na casa dos Villar-Somoza, do século XVIII; e nas de Caxide (en Colina) e Parceiro (en Sulago).
[editar] Música
A Banda Artística de Merza, fundada en 1828, é a agrupación popular máis antiga de Galicia e está considerada como unha das mellores Bandas de Música de España tras gañar o "Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Altea" dúas veces.
[editar] Lecer
A praia fluvial da Carixa coa súa ponte inacabada de 1928.
[editar] Persoeiros de Merza
- Francisco Xabier Somoza, ilustrado compostelán de comezos do século XIX, bisavó da condesa de Pardo Bazán.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Merza, Vila de Cruces.
-
Arco da Carixa sobre o río Deza.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Merza
| Lugares da parroquia de Merza no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A do Breixa | Carrás | Espil | A Moa | O Outeiro | Paradela | Reboredo | Silvares | Sulago | Valboa |