Piloño, Vila de Cruces
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Piloño | |
|---|---|
| Capela de Oibás. | |
| Concello | Vila de Cruces |
| Área | - km² |
| Poboación | 334 hab. (2004) |
| Entidades de poboación | 10 |
Santa María de Piloño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 334 habitantes (168 mulleres e 166 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 446 habitantes.
Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Piloño.
Índice |
Patrimonio [editar]
- Igrexa de Santa María de Piloño. Construída cara 1700, sobre un antigo templo erixido por Xelmirez. Ten planta de cruz grega e torre de dous corpos.
- Pazo de Raíndo. Moi reformado, conserva cheminea e lareira, hórreo, pombal e unha capela con retablo barroco.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Piloño [editar]
| Lugares da parroquia de Piloño no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Alcobre | Arbián | A Caseda | Cerdeiriñas | Combarro | Liñares | Pousada | Raíndo | Rianxo | Taboada |