Obra, Vila de Cruces
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Obra | |
|---|---|
| Concello | Vila de Cruces |
| Área | - km² |
| Poboación | 100 hab. (2009) |
| Entidades de poboación | 1 |
San Tomé de Obra é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2009 tiña 100 habitantes (57 mulleres e 43 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes.
Índice |
Xeografía[editar]
A parroquia ocupa unha península rodeada polo río Ulla, que salva aquí unha ponte de recente construción, pero aínda se conservan alicerces do antigo.
Patrimonio[editar]
Denominada Ouria nos documentos medievais, a comezos do século XII o arcebispo Xelmírez propiciou a construción da igrexa parroquial, que se pode supoñer de factura románica, aínda que o templo actual non conserva nada da súa fábrica primitiva.
Área recreativa Ínsua da Peregrina.
Lugares e parroquias[editar]
Lugares de Obra[editar]
| Lugares da parroquia de Obra no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
|---|---|