Chourizo
O chourizo é un embutido típico de España e Portugal, unha especie de salchicha curada (ben ó aire, ben afumada) e que está elaborada basicamente de carne do porco picada e adobada con especias.
Índice |
Tipos de chourizo [editar]
Variedades iberoamericanas [editar]
As máis coñecidas fóra de Europa son as versións mexicana e caribeña, nas que a carne de porco non se pica e o adobo é distinto.
Arxentina [editar]
Algúns dos chourizos típicos son o "chourizo parrilleiro" (que se consume sen "curar" -nin desecar nin afumar-, xa que se pon case fresco a cociñar nos asados) e o "chourizo bombón", que é unha variedade reducida (e frecuentemente máis condimentada) do chourizo parrilleiro.
En Arxentina, Paraguay e Uruguay, e máis tarde tamén en Bolivia, Chile, Perú, o chourizo parrilleiro deuse en comer en forma de "choripán" (sándwich de chourizo entre medio dun pan, normalmente pan branco e redondo). Pódenselle engadir condimentos e prebes varios, entre os que destacan o chimichurri, setas, pepinillos, pemento, maionesa, salsa brava, etc.) Ademais, hai unha versión do choripán, que leva o chourizo cociñado á "bolboreta", é dicir, cortado de forma lonxitudinal, pero sen separar por completo ámbalas dúas partes (e que se asemella na forma a unha bolboreta). En Arxentina tamén existen variedades de chourizos semellantes os ibéricos (curados), e entre estas as máis coñecidas son o "chourizo colorado" e o "chourizo candelario".
México [editar]
O chourizo é un elemento importante na cociña mexicana, pois chega a ser incluido en calquera das comidas do día e case sempre acompáñase de tortillas. A cidade de Toluca está especializada na elaboración deste embutido, pero tamén é fabricada por un sinfín de pequenas empresas familiares en moitas partes do país. Hai unha grande variedade de presentacións do chourizo vermello, tal como lle chaman alí, aínda que a cor pode variar un pouco ata case chegar a un laranxa. O térmo chourizo, coloquialmente tende a ser confundido e intercambiarse co termo longaniza, aínda que esta última sexa un tipo de embutido máis longo. Na gastronomía mexicana, tamén hai un chourizo verde, aída este tende a ser máis rexional e menos coñecido. Na linguaxe coloquial e argot mexicano, o termo chourizo pode significar dende unha 'serie innumerable de algo' (por exemplo: "...presentou un chourizo de excusas") ata ter connotacións fálicas, entre outros.