Andriy Shevchenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shevchenko
Shevchenko Chelsea 2.jpg
Nome completo: Andriy Mykolayovych Shevchenko
Alcume: Sheva
Data de nacemento: 29 de setembro de 1976
Lugar de nacemento: Dvirkivschyna, Ucraína
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: ucraíno
Club actual: FC Chelsea
Posición: Dianteiro Centro
Altura: metros
Partidos internacionais: 68
Goles: 31 (selección)
Ano do debut: 1994
Club do debut: Dinamo Kiev
Ano do retiro:
Club do retiro: {{{clubretiro}}}

Andriy Mikoláiovich Shevchenko (en ucraíno: Андрій Миколайович Шевченко) (*Dvirkivshchyna, Ucraína, 29 de setembro de 1976), futbolista ucraíno, alcumado Sheva.

Debutou no Dinamo de Kiev, co cal xogou ao longo de 5 tempadas, alcanzando as semifinais da Liga de Campións da, 5 títulos de liga, catro copas de liga e individualmente o terceiro lugar na votación do Xogador do Ano en 1999. Tras boas actuacións fichou no AC Milán en xuño de 1999 por 26 millóns de euros, unha cifra récord para un xogador ucraíno.

Foi o máximo goleador na súa primeira tempada na Serie A 1999-00. Foi elixido máximo goleador da Champions League, con 53 goles, e coa posibilidade de aumenta-la en vindeiros anos, debido a que nesta última edición o seu equipo sucumbiu ante o Barcelona. O gol co que Shevchenko impuxo a marca, foi contra Oliver Kahn, gardametas do Bayern Múnic. Superando ó anteriormente máximo goleador Raúl González (52). Tamén foi o máximo goleador na tempada 2003-2004 con 24 goles o cales axudaron ó Milan a gañar por decimosétima vez a Serie A

No 2003 gañou a Liga de Campións co AC Milán, anotando o penalti que lle deu a vitoria. Fíxose tamén co Scudetto na tempada 2003-04 e co Balón de Ouro en 2005.

Caracterízase pola súa velocidade, potencia e precisión nos remates a porta, e é un dos mellores dianteiros de toda Europa. Shevchenko, conseguiu se-lo mellor xogador da UEFA no 2004. Da súa man, a selección Ucraína xogou o seu primeiro mundial, onde compartiu grupo con España, Túnez e Arabia Saudí. anotou o seu primeiro gol nun mundial en Alemaña 2006, ante Arabia Saudita o 19 de xuño de 2006.

O 1 de xuño do 2006, o club londiniense Chelsea, fichou ao astro ucraíno por 51 millóns de euros. O dono do club londiniense, o multimillonario Roman Abramovic, sempre mostrou interese polo dianteiro, que marabillou ao club rossonero ó marcar 173 goles en 7 anos na entidade milanista, converténdose no segundo máximo anotador da historia do club. O xogador comentou que a súa decisión fora por motivos familiares, mais se di que Abramovic seduciuno cun grande cheque en libras esterlinas, amais da oportunidade de xogar a carón de estrelas coma Arjen Robben, Frank Lampard, Didier Drogba, Petr Čech, Joe Cole, John Terry e a nova adquisición dos blues, o mediapunta capitán da selección de Alemaña, Michael Ballack, procedente do Bayern Munich.

Clubs[editar | editar a fonte]