Franck Ribéry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franck Ribéry
Franck Ribéry 20120611.jpg
Ribéry con Francia na UEFA Euro 2012.
Información persoal
Nome completo Franck Ribéry
Nacemento 7 de abril de 1983 (31 anos)
Lugar Boulogne-sur-Mer, Francia
Altura 1,70 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Bayern München
Número 7
Carreira xuvenil
1989–1996 Conti Boulogne
1996–1999 Lille
1999–2000 Boulogne
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2002 Boulogne 28 (6)
2002–2003 Alès 19 (1)
2003–2004 Stade Brestois 35 (3)
2004–2005 Metz 20 (1)
2005 Galatasaray 14 (0)
2005–2007 Marseille 60 (11)
2007– Bayern München 152 (50)
Selección nacional
2004–2006 Francia sub-21 13 (2)
2006– Francia 72 (12)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Franck Ribéry, nado en Boulogne-sur-Mer o 7 de abril de 1983, é un futbolista francés. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o FC Bayern München.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2001, debutou coa US Boulogne, da súa cidade natal. En épocas posteriores, xogou no Olympique Alès, Stade Brestois 29 e FC Metz, todos eles franceses. En xaneiro de 2005 foi transferido ó Galatasaray turco, completando a súa carreira no país turco con algúns altercados policiais e delitivos, aínda que axudou a gañar a Copa de Turquía en 2005, grazas a un gol fundamental nas semifinais. No entanto, en xuño dese ano, deixou o club para unirse ó Olympique de Marsella. O club turco recorreu a transferencia da FIFA, que non tomou aínda unha decisión final a este respecto.

Ribéry, en 2007 fichou polo Bayern de Múnic, asinado un contrato ata o 30 de xuño de 2011. A prensa especula que o valor da transferencia sería de arredor de 25 millóns de euros, máis 4 millóns Bayern clasificábase para a Liga de Campións na tempada 2007-08. No entanto, o director do Bayern non quería revelar canto diñeiro tiña que pagar por el, en calquera caso, a sinatura máis cara na historia da Bundesliga.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

  • Cando tiña 2 anos de idade sufriu un grave accidente automobilístico que lle deixou profundas cicatrices na cara.
  • En 2002, Ribéry converteuse ao Islam. O seu nome musulmán é Bilal. A súa muller, Wahiba Belhami é de orixe alxeriana. Ten dúas fillas, Hiziya e Shahinez.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

A súa primeira convocatoria internacional coa Selección de fútbol de Francia foi o mundial de Alemaña 2006, onde a selección gala quedou subcampioa. Debido á súa chamada, o técnico francés Raymond Domenech tomou a polémica decisión de non convocar ao mediocampista do FC Barcelona Ludovic Giuly. Ribéry foi titular en todos os partidos do campionato. O 17 de xuño de 2008 estaba participando con Francia na Eurocopa de Austria e Suíza cando se lesionou nun lance co italiano Gianluca Zambrotta. Sufriu unha forte escordadura de nocello e tivo que ser retirado do partido, concluíndo así a súa participación no torneo, xa que a selección francesa acabaría perdendo por 2-0, quedando con iso eliminada da Eurocopa.

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Sede Resultado
Copa Mundial de Fútbol de 2006 Alemaña Subcampión

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa de Turquía Galatasaray Turquía 2005
Copa de Alemaña Bayern de Múnic Alemaña 2008
Fussball Bundesliga Bayern de Múnic Alemaña 2008

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Intertoto da UEFA Olympique de Marsella Francia 2005

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Xogador xuvenil da Ligue 1 2006
Mellor xogador da Fussball Bundesliga 2007 - 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franck Ribéry

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]