Commerzbank-Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°04′07″N 08°38′43″E / 50.06861°N 8.64528°E / 50.06861; 8.64528

Interior do Commerzbank-Arena.

O Commerzbank-Arena máis coñecido por Waldstadion é un estadio de fútbol da cidade de Frankfurt, en Alemaña. Pertence ó club Eintracht Frankfurt, que xoga a Bundesliga.

O primeiro Waldstadion foi inaugurado en 1925 e durante a Segunda Guerra Mundial foi empregado en eventos políticos. En 1974, xogáronse tres partidos do mundial de 1974.

Ten capacidade para 52.000 espectadores. Unha de súas características principais é un monitor central e o teito retráctil, para protección nos días de chuvia (que fallou na final entre Brasil e Arxentina da Copa de Confederacións de Fútbol de 2005) ou nos días de moita calor (como no encontro Corea do Sur e Togo, do mundial de 2006).

En xullo de 2005 pasouse a chamar Commerzbank-Arena logo dun contrato de patrocinio co dito banco.

No Commerzbank-Arena xogáronse algúns dos encontros da Mundial de Fútbol Alemaña 2006, sendo a súa capacidade reducida a 48.132 prazas.

Índice

Encontros do Mundial de Fútbol Alemaña 1974 [editar]

No antigo Waldstadion:

Encontros do Mundial de Fútbol Alemaña 2006 [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]