Gennaro Gattuso
Gattuso no Milan en 2008. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Gennaro Ivan Gattuso | ||
| Nacemento | 9 de xaneiro de 1978 (35 anos) | ||
| Lugar | Corigliano Calabro, Italia | ||
| Altura | 1,77 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Sion | ||
| Número | 8 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1990–1995 | Perugia | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1995–1997 | Perugia | 10 | (0) |
| 1997–1998 | Rangers | 34 | (3) |
| 1998–1999 | Salernitana | 25 | (0) |
| 1999–2012 | Milan | 335 | (9) |
| 2012– | Sion | 27 | (1) |
| Selección nacional | |||
| 1995–1996 | Italia sub-18 | 14 | (3) |
| 1998–2000 | Italia sub-21 | 21 | (1) |
| 2000–2012 | Italia | 73 | (1) |
| Adestrador | |||
| 2013– | Sion | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 5 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) |
|||
Gennaro "Rino" Ivan Gattuso, nado en Corigliano Calabro (Cosenza) o 9 de xaneiro de 1978, é un fútbolista e adestrador de fútbol italiano. Xoga de centrocampista defensivo e actualmente xoga e adestra no FC Sion.
Índice |
Clubs [editar]
Gattuso comezou a súa carreira na escadra italiana do Perugia, pero foi transferido en 1997 ao Glasgow Rangers F.C. cando tan tó contaba con 19 anos. Da súa etapa en Escocia destaca a grande influencia que tivo un dos adestradores do equipo, Walter Smith, ao que se refire coma 'un segundo pai'.
O sucesor de Smith, Dick Advocaat, non contaba moito con el así que foi transferido á Salernitana en outubro de 1998 por 3 millóns de Libras.
O A.C. Milan pagou 8 millóns de libras en 1999 polo seu traspaso. O seu estilo de xogo permitía liberar ao mediocampista Andrea Pirlo de bastantes tarefas defensivas a dedicarse a participar na creación do xogo. Gattuso, que ás veces xoga de interior dereito, non fai o típico traballo de subi-la banda e centrar cara a área rival, senón que se deixa caer ó medio para participar nos traballos de defensa.
Xogou o seu encontro 300 co Milan o 26 de setembro de 2006 nun empate a 0 contra o Lille, na Liga de Campións.
A Selección [editar]
Gattuso é unha peza clave no mediocampo da selección italiana xunto con Andrea Pirlo compañeiro seu tamén no A.C. Milan.
Participou en dous mundiais, no 2002 e no Mundial de Fútbol Alemaña 2006, onde fixo unha grandísima actuación, e contribuíu de xeito decisivo á vitoria italiana no torneo.
Trivia [editar]
- É un dos xogadores do Milan que fixo un cameo no filme italiano "Eccezzziunale... veramente: capitolo secondo... me".
- Cando no xoga ao fútbol Gattuso traballa ás veces na Mario's Pizzeria en Milan.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Gattuso's profile and stats - FootballDatabase.com (en inglés)
- Eccezzziunale... veramente 2 - The Internet Movie Database (en inglés)