Deco
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Anderson Luís de Souza | ||
| Nacemento | 27 de agosto de 1977 (35 anos) | ||
| Lugar | São Bernardo do Campo, Brasil | ||
| Altura | 1,74 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Fluminense | ||
| Número | 20 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1995–1996 | Nacional (SP) | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1996–1997 | Corinthians | 2 | (0) |
| 1997–1999 | Benfica | 0 | (0) |
| 1997–1998 | → Alverca (cedido) | 32 | (13) |
| 1998–1999 | → Salgueiros (cedido) | 12 | (2) |
| 1999–2004 | Porto | 154 | (32) |
| 2004–2008 | Barcelona | 113 | (11) |
| 2008–2010 | Chelsea | 43 | (5) |
| 2010– | Fluminense | 34 | (1) |
| Selección nacional | |||
| 2003–2010 | Portugal | 75 | (5) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Anderson Luiz de Sousa, coñecido como Deco, nado en São Bernardo do Campo o 27 de agosto de 1977, é un futbolista brasileiro nacionalizado portugués. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Fluminense. Foi internacional coa selección portuguesa.
Traxectoria [editar]
Chegou a Portugal a través do SL Benfica, foi no Alverca que mostrou o seu fútbol para despois ingresar no FC Porto, ao que axudou a vencer en dous campionatos nacionais, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campions e unha Liga de Portugal. Posteriormente fichou polo FC Barcelona.
Selección nacional [editar]
O estreo na selección portuguesa ocorreu o 29 de marzo do 2003, diante de Brasil, precisamente o seu país natal e actual campión do Mundo. O encontro, amigable, realizouse no Estadio das Antas, na cidade de Porto, e terminou coa vitoria de Portugal (2-1). Deco, que entrou aos 60 minutos por Sergio Conceição, marcou o gol que deu a vitoria lusitana.
Ata a decembro de 2004, Deco xa representou a selección en 24 ocasións, marcado dúas veces. A primeira no estreo e a segunda, o 13 de outubro de 2004, en Alvalade, na goleada (7–1) perante Rusia, en partido correspondente á fase de calificación do Mundial de Fútbol Alemaña 2006.
- Nados en 1977
- Nados no estado de San Paulo
- Futbolistas brasileiros
- Futbolistas portugueses
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Chelsea FC
- Xogadores do Fluminense FC
- Xogadores da selección de fútbol de Portugal