Andrea Pirlo
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Andrea Pirlo | ||
| Nacemento | 19 de maio de 1979 (33 anos) | ||
| Lugar | Flero, Italia | ||
| Altura | 1,77 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Juventus | ||
| Número | 21 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1994–1995 | Brescia | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1995–1998 | Brescia | 47 | (6) |
| 1998–2001 | Internazionale | 22 | (0) |
| 1999–2000 | → Reggina (cedido) | 29 | (6) |
| 2001 | → Brescia (cedido) | 10 | (0) |
| 2001–2011 | Milan | 284 | (32) |
| 2011– | Juventus | 34 | (2) |
| Selección nacional | |||
| 1998–2002 | Italia sub-21 | 37 | (15) |
| 2000–2004 | Italia olímpica | 9 | (1) |
| 2002– | Italia | 82 | (9) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 11 de abril de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Andrea Pirlo, nado o 19 de maio de 1979 en Flero (Brescia), é un futbolista italiano, de etnia xitana sinti[1]. Xoga de mediocampista e seu actual equipo é o Juventus FC da Serie A de Italia.
[editar] Traxectoria
Pirlo debutou profesionalmente no Brescia Calcio no ano 1994, disputando a Serie A da liga italiana. Pero o equipo descendeu á Serie B e na tempada 1996-97 logrou ascender de novo. Ao ano seguinte non conseguiu a permanencia, polo que o xogador fichou polo Inter de Milán.
No FC Internazionale non se estableceu nunca como xogador titular, e despois dunha tempada no club foi cedido á Reggina Calcio, onde realizou unha boa campaña. A tempada 2000–01 regresou ó Inter, pero ante a falta de minutos marchou cedido no mercado de inverno ao Brescia, novamente.
No verán de 2001 fichou polo AC Milan, o seu actual club, onde foi proclamado como un dos mellores centrocampistas do fútbol italiano e do mundo. Co AC Milan gañou a Liga de Campions dá UEFA 2002-03, Liga de Campions da UEFA 2006-07, así como a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubes dá FIFA. A nivel nacional tamén gañou todos os trofeos, a Liga e a Supercopa na tempada 2003-04, e a Copa un ano antes. Debido á corrente xenófoba en Italia, o campión foi vítima de insultos e ameazas graves pola súa condición étnica, xunto a outros futbolistas de orixe xitana como Zlatan Ibrahimović ou Siniša Mihajlović.
O 25 de maio de 2011, anunciouse o seu fichaxe pola Juventus FC por tres anos.[2]
[editar] Selección nacional
Foi internacional coa Selección de fútbol de Italia en 63 ocasions e marcou 8 goles. Debutou no ano 2002 ante Azerbaixán, a pesar de que xa xogara nas categorías inferiores, formando parte do equipo que gañou a Eurocopa sub-21 no ano 2000 e tamén do que gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Coa selección absoluta participou na Eurocopa 2004 e coa que xogou e gañou a Copa Mundial de Fútbol de 2006, marcando un gol á selección nacional de Ghana no partido inaugural de Italia e o pase a o gol a Fabio Grosso na semifinal contra Alemania (2:0).
Na Euro 2008 marcou un gol de penalti, que serviu para poñer o seu equipo adiante, na victoria de Italia 2-0, no partido definitivo da fase de grupos contra a Francia, logrando así avanzar a Cuartos de Final.
[editar] Notas
- ↑ MARCA.com (en castelán).
- ↑ http://www.marca.com/2011/05/24/futbol/futbol_internacional/calcio/1306260283.html La Juve comienza su revolución y ficha a Pirlo