Arca da Piosa
A Arca da Piosa é un dolmen situado na parroquia de Muíño, no concello de Zas. Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación. Está situado preto dos dolmens de Pedra Moura, Pedra da Lebre e Pedra Cuberta.
A cámara é poligonal, con 3,20 m de lonxitude e consiste en catro esteos e unha tampa; o corredor está orientado cara ao leste, é curto (1 m) e consiste en tres esteos cubertos por unha laxe partida en tres que, á súa vez, está cuberta por outra maior; esta tampa está a menor altura cá que cobre a cámara, e pode existir decoración en forma de gravados.
A lonxitude total do dolmen é de 8 m, e a mámoa é moi visible. As lousas coas que se construíu son de grandes dimensións, especialmente as tampas, e o volume total acada preto das 35 toneladas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Lema Suárez, X. M.: Arquitectura megalítica na Costa da Morte (Antas e Mámoas). Santiago de Compostela, Asociación Neria, 1999.
- Boga Moscoso, Ramón: Dólmenes de Galicia. Arquitectura das grandes pedras. A Coruña, Baía Edicións, 1997. ISBN 8489809137