Berdoias, Vimianzo
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha parroquia da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas parroquias da Coruña (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Berdoias | |
|---|---|
| Casota de Freáns, dolmen de finais do megalitismo | |
| Concello | Vimianzo |
| Área | - km² |
| Poboación | 295 hab. (2004) |
| Entidades de poboación | 11 |
San Pedro de Berdoias é unha parroquia que se localiza no suoeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 295 habitantes (150 mulleres e 145 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 332 habitantes.
Índice |
Patrimonio [editar]
A Casota de Freáns é un dolmen, bo exemplo do megalitismo en Galicia. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.
A capela de Santa Cristiña sitúase na aldea de Santa Cristiña, a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado.
A aldea de Pedra do Frade debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Berdoias [editar]
| Lugares da parroquia de Berdoias no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
|---|---|
|
Berdoias | Boallo | A Bouza | A Casanova | Castrobuxán | Grixoa | Pedra do Frade | O Petón | Rego dos Podres | Romar | Santa Cristiña |
Parroquias de Vimianzo [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo | |
|---|---|
|
Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo) |