Castro dos Prados
| Castro dos Prados | |
|---|---|
| Concello: | Ortigueira |
| Cronoloxía | |
| Datas de ocupación: | ? |
| Data da descuberta: | ? |
| Períodos de escavación: | 1987-1992 |
| Estado actual: | ? |
| Extensión estimada: | ? ha. |
| Véxase tamén: Castros de Galicia | |
O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á Cultura castrexa, un castro dos coñecidos como costeiros.
Índice |
[editar] Situación
Castro situado no concello de Ortigueira na provincia da Coruña, concretamente na parroquia de San Xoán de Espasante.
Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana.
[editar] Descrición
O único acceso por terra ao xacemento arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido.
Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992.
O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento entorno ao século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento mais importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou Pedra Fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto co de "Augas Santas" en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso.
Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un as de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...).
[editar] Galería de Imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castro de Punta dos Prados.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Arquitectura prehistórica de Galicia | |
| Cronoloxía | Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro |
| Megálitos | |
| Tipos | mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista |
| Elementos | ortóstato | cono de violación |
| En Galicia | cultura | imaxes |
| Petróglifos | |
| En Galicia | GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos |
| Castros | |
| En Galicia | cultura castrexa | cerámica castrexa Castro de Armeá | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros |