Castro de San Millao
Coordenadas: 41°54′14.41″N 07°36′19.03″W / 41.9040028°N 7.6052861°W
| Castro de San Millao | |
|---|---|
| Concello: | Cualedro |
| Cronoloxía | |
| Datas de ocupación: | Séc. II-IV d.C |
| Data da descuberta: | ? |
| Períodos de escavación: | 1953 |
| Estado actual: | Abandonado |
| Extensión estimada: | ha. |
| Véxase tamén: Castros de Galicia | |
O castro de San Millao é un poboado castrexo situado na parroquia de Santa María de San Millao, no concello ourensán de Cualedro. É coñecido tamén coma Cidá do Castro[1] ou Cidá de Grou[2].
Índice |
[editar] Morfoloxía
O Castro de San Millao está sobre un pequeno outeiro a 730 m de altitude, ó pé do río dos Muíños. Está orientado en dirección norte-sur, cun eixo maior na súa dirección leste-oeste. Atópase encaixado no medio de pequenos outeiros, o que dificultaría a visibilidade dos seus habitantes, así como a dos seus posibles atacantes. É de doado acceso se se compara con outros, dado que a zona ten un relevo pouco pronunciado[2]. Canto ao terreo, é pouco fértil na altura dos estratos desa época.
É un castro de tipo chairego, de grandes defensas e de trazos gandeiros. Atópase circundado por un pequeno regato de montaña. Ten certas similitudes en canto a distribución co castro de Elviña: presenta tres barrios superpostos a distinto nivel, todos eles amurallados e independentes os uns dos outros. A súa planta é de forma ovoide.
O sistema defensivo é a particularidade mais salientábel do conxunto.
- Na cara norte ábrese un grande foxo que chega a acadar unha profundidade de 8 m de alto e ten entre 6 e 12 m de ancho.
- Nas caras sur e oeste atópase un regato encaixado no substrato do chan que fai de barreira natural inaccesíbel.
- Na cara este atopamos a área de terreo mais chá, cuberta cunha barreira de pedras fincadas de 70 cm. nunha zona que abarca 130 metros de longo por 30 de ancho.
- Unha muralla ciclópea de cachotería de granito, que nalgunhas zonas acada mais de metro e medio[3].
[editar] Arqueoloxía
[editar] Historia
A aparición do castro de San Millao remóntase o século II d.C[2] e a fin da súa ocupación data do século IV d.C[4]. Enmárcase dentro do período de ocupación romana da Gallaecia, mais dentro del non se atopou material arqueolóxico romano ningún[4]. Está situado na zona ocupada polos Bíbalos ou Bebaloi, os cales participaban do Forum Bibalorum, dentro do Conventus Bracarensis, o que antes viría a ser o Oinaikos Growion[5]. Os seus habitantes adicábanse principalmente á gandaría ovina, olería e comercio con outros castros ou aldeas da zona, aproveitando a vía romana que percorría a zona próxima á Xironda[3].
[editar] Estudos
Dende mediados ata finais do século XX o xacemento arqueolóxico foi estudado en tres períodos, ficando a día de hoxe abandonado. Os primeiros estudos veñen da man de Florentino López Cuevillas e Xesús Taboada Chivite no ano 1953. No ano 1954 López Cuevillas e Taboada Chivite volven ó castro para realizar as primeiras escavacións, así como para analizar a súa estrutura defensiva. Estas escavacións continúanse no ano 1955 co mesmo fin. X. Rodríguez González e F. Fariña Busto retoman os traballos desenvolvendo tarefas de limpeza e escavación. Mais tarde publican as memorias científicas nas que recollen os seus estudos[4].
[editar] Achados arqueolóxicos
Tanto os traballos de López Cuevillas e Taboada Chivite coma os de Rodríguez González e Fariña Busto deron luz a numerosos achados. Entre os máis importantes atópanse[4]:
- Fragmentos cerámicos de estampillado SSS pertencentes a unha peza de tamaño medio.
- Fragmentos cerámicos de bordes.
- Fragmentos cerámicos de labios.
- Fondos de pezas cerámicas correspondentes a olas abertas globulares.
- Fragmentos de remaches e caldeiros de bronce .
- Fragmentos dun chocallo de ferro.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Arquitectura prehistórica de Galicia | |
| Cronoloxía | Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro |
| Megálitos | |
| Tipos | mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista |
| Elementos | ortóstato | cono de violación |
| En Galicia | cultura | imaxes |
| Petróglifos | |
| En Galicia | GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos |
| Castros | |
| En Galicia | cultura castrexa | cerámica castrexa Castro de Armeá | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros |