Dolmen de Pedra Moura
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo).
[editar] Características
O dolmen de Pedra Moura ten unhas dimensións de 2,40 m por 3,20 m. Os ortóstatos foron movidos e só dous están no seu emprazamento orixinal. O máis alto chega aos 2,30 m de altura.
Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé[Cómpre referencia].
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado con Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |