Castro de Santa María de Cervantes
Coordenadas: 42°51′53″N 07°02′32″W / 42.86472°N 7.04222°W
| Castro de Santa María de Cervantes | |
|---|---|
| Concello: | Cervantes |
| Cronoloxía | |
| Datas de ocupación: | séc. I ou II |
| Data da descuberta: | ? |
| Períodos de escavación: | ? |
| Estado actual: | Parcialmente escavado |
| Extensión estimada: | ? ha. |
| Véxase tamén: Castros de Galicia | |
O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.
Índice |
[editar] Características
Localízase nun promontorio no val do río Quindós, afluente do río Navia. Está datado na idade de ferro (século I ou II), e ten gran interese polo gran potencial dos seus restos.
Foi estudado entre 1995 e 1996, se ben calcúlase que só se escavou unha décima parte da súa superficie. Os materiais atopados consérvanse no Museo Provincial de Lugo. Documentáronse 23 construcións de uso doméstico, amais de zonas de paso, canles, muros de nivelación, escaleiras, enlousados, muros de descarga e de nivelación e sistemas de drenaxe. Nunha das vivendas documentouse a existencia dun andar superior. Varias das construcións tiñan os muros interiores enlucidos e pequenas alacenas de pedra. Documentáronse os marcos de madeira das portas, que foron restituídos.
Sobre os restos do conxunto construíuse unha necrópole medieval, entre os séculos XIII e XIV, reutilizando parcialmente pedras do asentamento castrexo, e mesmo algún muro da construción anterior. Tiña 56 sepulturas, en moitas das cales se puideron recuperar restos óseos.
Enriba do mesmo sitúase a igrexa de Santa María, un dos templos católicos máis antigos de Galicia.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Castro de Santa María de Castro, artigo no blog Castros Galaicos.
- Ficha en http://patrimoniogalego.net/
| Arquitectura prehistórica de Galicia | |
| Cronoloxía | Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro |
| Megálitos | |
| Tipos | mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista |
| Elementos | ortóstato | cono de violación |
| En Galicia | cultura | imaxes |
| Petróglifos | |
| En Galicia | GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos |
| Castros | |
| En Galicia | cultura castrexa | cerámica castrexa Castro de Armeá | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros |