Petróglifos de Mogor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Laxe dos Mouros

Os Petróglifos de Mogor, coñecidos popularmente como Labirintos de Mogor son unha estación rupestre situada no lugar de Monte, na parroquia de Mogor, no concello de Marín, provincia de Pontevedra.

Descrición[editar | editar a fonte]

Componse de tres conxuntos de gravados rupestres visibles, aínda que existiron na zona sete pedras con gravados, entre eles algúns dos escasos labirintos atopados de momento en Galiza.

Os tres conxuntos de gravados rupestres de Mogor son os seguintes:

  • A Pedra do Labirinto é un penedo de forma alongada, de 5 m x 1,5 m, no que se ven uns sucos anchos e profundos arredor dunha cazoleta e cuns apéndices na parte superior. No resto da superficie da rocha hai máis combinacións circulares con cazoleta no centro e círculos sinxelos, máis superficiais que o anterior. O motivo do labirinto é atípico no conxunto da arte rupestre galega, coñecéndose só cinco exemplos, todos eles na provincia de Pontevedra.
  • A Pedra dos Campiños é outro penedo chao no que os gravados son máis coidados e os sucos menos profundos. Este labirinto carece da cazoleta central e dos apéndices. O labirinto está moi borroso e desgastado, polo que só pode percibirse baixo determinadas condicións de luz. A rocha está fendida, o que afectou levemente ao suco superior do labirinto.
  • Na Laxe dos Mouros vense claramente vinte e tres combinacións circulares ligadas por liñas curvas, multitude de cazoletas, dúas combinacións pseudo-labirínticas, catro círculos sinxelos e un cérvido (aínda que este último case imperceptible). Antigamente esta laxe era coñecida polo nome de "pedra da moura encantada".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de petróglifos de Mogor

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]